Escoitar

O Consello da Xerencia propón que se aprobe o proxecto de equidistribución "Pobo Galego"

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local, na súa reunión de hoxe xoves, a aprobación definitiva do proxecto de equidistribución do polígono "Pobo Galego", cambiando ao mesmo tempo o seu sistema de actuación.

xoves, 22 dec 2005
Na mesma sesión o Consello da Xerencia tamén lle propuxo á Xunta de Goberno Local a aprobación definitiva e cambio de sistema do polígono Aragón-Travesía de Vigo. Así mesmo, propúxose a aprobación definitiva do Proxecto de Compensación da UE II-03 San Andrés de Comesaña e do Proxecto de Equidistribución do polígono 4, área de reparto 2, do PERI "IV San Roque 1 A".

Dentro dos asuntos da súa competencia, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou un expediente de restauración da legalidade urbanística alterada por obras sen licenza no camiño Padrón-Ribas nº 2 (Matamá), e un recurso de reposición contra o expediente de reposición da legalidade urbanística na rúa Tomás Alonso nº 194.

Ademais, déuselle visto bo á aprobación provisional dunha axuda para a rehabilitación dunha vivenda situada na rúa Poboadores nº 15, así como á aprobación definitiva de axudas para a rehabilitación dunha vivenda na rúa Misericordia nº 1-4º E e doutra na rúa Pescadores nº 1-2º.