Lucía Molares entregou os diplomas do Plan de Formación da Oficina de Voluntariado
A concelleira Lucía Molares entregou onte martes os diplomas do Plan de Formación da Oficina de Voluntariado, durante o encontro dos voluntarios da Oficina Municipal de Voluntariado, que tivo lugar onte martes no Concello.
O acto contou coa presenza dunhas 200 persoas, entre voluntarios e responsables de movementos asociativos vigueses, o que reflicte a boa saúde do voluntariado na nosa cidade. Tratouse dun encontro de confraternización entre todas as persoas que teñen inquedanzas por axudar ou implicarse en proxectos de voluntariado.