Escoitar

Exposición fotográfica da saída Volvo

A Casa Galega da Cultura amosa este mes unha exposición co título "Álbum fotográfico da Volvo Ocean Race 2005-2006 en Vigo" que organiza o Concello e que recolle en 24 imaxes a saída da regata do pasado 12 de novembro.

venres, 10 feb 2006
1139581885volvo.jpg
A exposición é unha escolma de 24 imaxes realizadas polos fotoxornalistas da cidade durante a saída da Volta ao Mundo de Vela 2005-2006 o pasado 12 de novembro. Nestas fotografías, cada un dos fotoxornalistas amosa a súa particular ollada do meirande espectáculo do mundo da vela, a Volvo Ocean Race.

A mostra presenta imaxes dos fotógrafos Jesús de Arcos, Marcos Canosa, Raquel Fernández, Laura González, Ricardo Grobas, Jorge Landín, José Lores, Pablo Martínez, Miguel Núñez, Lalo R. Villar, Miguel Riopa e Oscar Vázquez.

A exposición permanecerá aberta ata o 26 de febreiro e poderase visitar de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas; os sábados de 11:00 a 14:30 e de 18.00 a 21.30; domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.
Descargar todas as imaxes