Escoitar
Bando Mobilidade e Seguridade

Normas para instalación de terrazas con mesas e cadeiras, para titulares de licenza de apertura de establecementos con actividade derivada da hostelaría durante 2006

<br /> <br />

venres, 10 feb 2006
Ponse en coñecemento de todos/as os titulares de licenza de apertura de establecementos con actividade derivada da hostelaría, que desexen instalar no presente ano 2006 terrazas con mesas e cadeiras na vía pública, diante das fachadas dos seus establecementos e achegadas a estas, que deberán axustarse ás seguintes normas:

-PRIMEIRA-
1.- PERÍODOS LIQUIDATORIOS : Prezos públicos aprobados para 2006.
Os interesados deberán solicitar coa suficiente antelación á data de instalación (preferiblemente dentro do primeiro trimestre do ano) no Rexistro Xeral do Concello o correspondente permiso; no momento de facer a autoliquidación especificarán o período polo que optan e para o que desexan obter autorización.
O período liquidatorio que queda establecido da seguinte maneira:

- Un trimestre.- O período mínimo liquidatorio para o que se poderá solicitar licenza queda fixado nun trimestre, prorrogable tras a nova solicitude coa suficiente antelación a súa finalización, por un novo trimestre, logo do pagamento de novas taxas.

- Un ano.- A elección desta opción dará dereito a ter unha bonificación dun trimestre na autoliquidación e a ter instalada a terraza durante todo o ano a vontade do solicitante.

Co fin de axilizar os permisos e para evitar innecesarios retrasos na tramitación, tendo que requirir documentación necesaria, o solicitante presentará xunto coa "solicitude-autoliquidación" no Rexistro Xeneral a documentación que se indica na norma segunda.

2.- FORMAS DE EFECTUAR AS AUTOLIQUIDACIÓNS.Cálculo dos m2 e núm. de mesas:
1.- Para o cálculo dos m2 , consideraráse con carácter xeral, que unha mesa e catro sillas dun modelo estándar común, ocupan unha superficie de (1,75 mts. x 1,75 mts.) = 3 m2.
2.- Polo tanto, o número de m2. máximo que se poderá autorizar e que haberá que autoliquidar vendrá determinado polos metros lineales de fachada multiplicado por 1,75 mts., o que determinará tamén o número máximo de mesas que se poderán instalar (ver tamén norma QUINTA: Dimensións da Terraza en relación).

- SEGUNDA -
DOCUMENTACIÓN EIXISIDA : Requisitos.
1.- Os que o soliciten por primeira vez, presentarán no Rexistro Xeral xunto coa "solicitude-autoliquidación" a seguinte documentación:
- Fotocopia compulsada da licenza de apertura do establecemento, sen a cal non se admitirá a solicitude e non se outorgará licenza para a terraza.
- Nome comercial do establecemento.
- CIF ou NIF do titular do establecemento e teléfono de contacto.
- 1 fotografía onde poida apreciarse a lonxitude da fachada do local, e un esbozo indicativo da distribución das mesas ao longo da fachada.
2.- Os locais que obtivesen licenza no pasado ano 2005, co fin de axilizar os trámites, terán que presentar fotocopia desta, xunto coa solicitude/autoliquidación, quedando eximidos da presentación da documentación anterior.

- TERCEIRA -
AUTORIZACIÓN E DISTINTIVO : Tramitación do permiso.
O Concello tramitará todas as solicitudes que se presenten, e notificará as autorizacións concedidas. Entregará tamén UN DISTINTIVO AMARILLO acreditativo de que o local obtivo licenza para instalar a terraza polo período solicitado durante o presente ano.
Este distintivo deberá exhibirse OBRIGATORIAMENTE á entrada do establecemento, en lugar ben visible dende a rúa, adherido á porta ou ao escaparate do local, de xeito que poida ser visto dende o exterior polos axentes da Policía Local, quen poderán esixir en todo momento súa colocación á vista.

- CUARTA -
DIMENSIÓNS DA BEIRARRÚAS : Características das rúas.
Só se autorizarán as terrazas cando as beirarrúas teñan un ancho mínimo de 2,50 m. e haberá que deixar un espazo libre mínimo de 1,20 m para o paso dos viandantes.

Así mesmo a colocación de toldos ou parasoles sobre as mesas non poderá sobresaír en ningún caso da superficie destas, e deberán ter una altura mínima libre de 2,20 m, de xeito que non molesten aos peóns.

- QUINTA -
DIMENSIÓNS DA TERRAZA : Ocupación máxima.
O número de mesas e cadeiras será dado pola lonxitude da fachada do local, xa que só se autorizará a instalación da terraza diante da fronte da fachada do propio establecemento, sen que este espazo poida superarse en ningún caso, polo que a terraza non poderá ter máis mesas e cadeiras que as que admita a lonxitude da fachada do local.
Non se poderán colocar mesas e cadeiras en xardíns públicos ou comunitarios, nin espazos comúns, nin beirarrúas de enfronte , ou calquera outra zona que no sexa da exclusiva propiedade do titular do establecemento, ou estea vinculada ao local que desenvolve a actividade, salvo en zonas peonais, nas que se estudiará a localización en cada caso e sempre fóra do horario de carga e descarga.

- SEXTA –
ELEMENTOS DA TERRAZA : Publicidade e Materiais.
1.- Publicidade: Prohíbese expresamente instalar mobiliario que faga publicidade de calquera marca comercial, con carácter xeral en todo o término municipal.

2.- Materiais: Os materiais dos elementos que integren as terrazas (mesas, cadeiras e/ou parasoles) deberán ser discretos, hixiénicos e sen arestas nin saíntes.

- Eliminaránse delas calquera tipo de publicidade de marcas comerciais, tanto no mobiliario como nos parasoles.
- Utilizaranse nas terrazas materiais con certo estilo e deseño, aceptándose materiais tanto en madeira, aluminio ou enreixado plástico, dos que xa existen no mercado para mobles de exterior, xardín ou terraza, e contaráse sempre co visto e prace do Departamento de Mobilidade e Seguridade, para o que achegarase unha foto coa solicitude.

- SÉTIMA –
CONDICIÓNS XERÁIS BÁSICAS : Obrigas.
Serán condicións imprescindibles que terán que cumprir os titulares, unha vez obtida a licenza, as seguintes:

1.- Polas noites, e por razóns de seguridade e de estética, non poderán quedar na rúa nin as mesas nin as cadeiras amontoadas e suxeitas con cadeas, e tampouco as sombrillas e suas bases, ni nengún outro elemento da terraza, polo que terán de ser recollidas dentro do local o noutro lugar, sen facer ruídos ao recollelas e deixando o espazo ocupado pola terraza perfectamente limpo cada noite. De non facelo, serán retiradas por persoal municipal e serán levadas aos almacéns municipais.

2.- Terase especial coidado de non interceptar coas mesas/cadeiras o paso natural de acceso aos portais de vivendas, nin zonas de lecer comunitarias, ou calquera outraque non sexa da exclusiva propiedade do titular do establecemento, ou estea vinculada ao local que desenvolve a actividade.

3.- Non poderán instalarse no exterior dos locais, ocupando a rúa, ningún tipo de aparello eléctrico, do tipo neveiras/xeadeiras/estufas, nin tampouco acústicos que emitan música dende o interior do local. Coidarase especialmente de que en horarios nocturnos non se formen escándalos nin ruídos que poidan molestar os veciños ocupantes das vivendas do edificio onde se atope o local.

4.- Nas zoas peatonáis e semi-peatonáis do casco urbán, o Concello se reserva o dereito de poder fixar un modelo de mobiliario único para todos los establecimentos, co obxecto de garantizar unha estética adecuada a categoria que se quere dar á Cidade.

- OITAVA -
SANCIÓNS:
1.- A instalación de mesas e cadeiras sen a preceptiva autorización ou sen axustarse en todo ás presentes normas, dará lugar á inmediata orde de retirada, en cuxo caso,
de non retiralas os titulares, farao o persoal municipal por conta do interesado, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer.

2.- As terrazas que se extralimiten na ocupación de m2 solicitados, liquidados e autorizados, poderán ser sancionados co pagamento do importe correspondente aos metros que superen aos autorizados, tendo ademais que retirar axiña as mesas colocadas de mais.

3.- Facultase á Policía Municipal para ser a encargada de velar polo cumprimento das presentes normas, e informará aos titulares dos establecementos sobre calquera cuestión que lles afecte ou estean incumprindo, e comunicaránllo ao Departamento de Mobilidade e Seguridade, que tramitará o oportuno expediente sancionador e remitiralle ao titular da licenza de apertura do local, a oportuna liquidación polo importe das sancións que procedan .

Prégaselle a todos os interesados o máximo de colaboración no cumprimento das presentes normas, co fin de acadar unha boa e eficaz xestión que redundará en ben de todos e da cidade.

- NOVENA –
ENTRADA EN VIGOR:
A la entrada en vigor das presentes Normas, queda derogado e sen efecto o Bando que rexía para o ano 2005.