A alcaldesa felicita en persoa a Eduardo Estevez na ocasión do seu centenario
Chegar aos cen anos de vida é algo pouco frecuente. Eduardo Estévez vén de cumprir un século e a alcaldesa, Corina Porro, estivo hoxe venres no seu domicilio na avenida de Portanet para felicitalo, entregándolle un ramo de flores coas cores de Vigo e colocándolle a medalla da cidade.
![1139581462100a.jpg 1139581462100a.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1139581462100a.jpg)
Nado en Albeos (Crecente) no ano 1906, Eduardo Estévez foi campesiño, serrador e carreteiro. Trasladouse a Vigo hai 14 anos, cando faleceu a súa dona. Ata daquela vivira sempre no campo.
Durante a súa longa vida, Eduardo, enxendrou seis fillos, que lle deron 13 netos e 17 bisnetos. Hoxe venres, nunha ocasión tan especial, estivo rodeado dos seus, que o agarimaron con palabras doces mentres admiraban o seu bo estado de saúde.
Durante a súa longa vida, Eduardo, enxendrou seis fillos, que lle deron 13 netos e 17 bisnetos. Hoxe venres, nunha ocasión tan especial, estivo rodeado dos seus, que o agarimaron con palabras doces mentres admiraban o seu bo estado de saúde.
![1139581462100a.jpg 1139581462100a.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1139581462100a.jpg)
![1139581485100todosA.jpg 1139581485100todosA.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1139581485100todosA.jpg)