A Xerencia de Urbanismo acorda medidas contra o ruído de pubs e discotecas
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu encomendarlle ao equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que elimine deste documento o uso recreativo propio de locais como os pubs, discotecas e academias de música en todas as ordenanzas en que se establece como compatible en plantas baixas e primeiras, sotos e semisotos de edificios residenciais.
Así mesmo, os locais cerrados deste tipo, no cal se inclúen tamén salas de festa, salóns recreativos e academias de baile, non estarán permitidos, segundo o acordo do Consello da Xerencia, en edificios independentes.
Ademais, o equipo redactor deberá incorporar unha cartografía sonora que delimite as distintas zonas de sensibilidades acústicas, zonas de servidume e zonas saturadas, así como medidas correctoras preceptivas.
Este acordo foi proposto polo PSdeG-PSOE e apoiado, ademais, polo PG, mentres que PP e BNG se abstiveron.
Contestación de alegacións
Non se aprobou, en cambio, a outra moción presentada polos socialistas, pola cal se propuña que o Goberno Municipal remita a cada cidadán, colectivo ou entidade que presentou alegacións ao PXOM, cun "tempo razoable" antes do Consello da Xerencia que dictamine o Plan Xeral, o informe-proposta de contestación do equipo redactor ás súas peticións ou observacións.
Tamén reclamou o PSdeG-PSOE que o Goberno Municipal habilite un espazo na Xerencia de Urbanismo e na páxina web do Concello onde o público poida consultar o informe de contestación de alegacións, así como o documento íntegro do PXOM entregado o 31 de xaneiro para aprobación provisional.
A moción dos socialistas resultou rexeitada co voto en contra do PP e a abstención do BNG. No canto dela, aprobouse a proposta dos nacionalistas de que se debatan estas peticións na comisión de seguimento do próximo 21 de febreiro. A proposta do BNG recibiu o respaldo do PP. O PSdeG-PSOE e o PG abstivéronse. En todo caso, o concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, afirmou que "os cidadáns van coñecer as contestacións antes do Pleno". A data deste Pleno deberá decidila o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo o día 28 de febreiro.
Descargar todas as imaxes