Escoitar

CIG, CCOO e UXT demandan a aplicación do convenio colectivo do Concello

A alcaldesa entrevistouse hoxe mércores cos secretarios comarcais da CIG, CCOO e UXT, Xerardo Abraldes, Xosé Cameselle e Héctor Santos, quen lle transmitiron a súa preocupación pola aplicación do convenio colectivo do Concello.

mércores, 8 feb 2006
1139408024sindi.jpg
Á saída da reunión, os representantes sindicais mostraron o seu desexo de que o Goberno local cumpra o convenio colectivo, que foi asinado en 1999 e modificado na sesión plenaria do 31 de marzo de 2003.

Por outra parte, Héctor Santos, secretario comarcal da UXT, afirmou que "temos que colaborar co Concello, sobre todo nun momento en que se están a decidir temas importantes como as infraestruturas".

Ademais, Xerardo Abraldes, da CIG, dixo esperar que o Goberno local "cumpra o pactado" co Comité de Persoal do Concello no relativo á suba do complemento de produtividade dos traballadores municipais, xa que "hai argumentos legais" para que este incremento se faga efectivo.
Descargar todas as imaxes