Vigo será sede do Campionato Nacional de Baloncesto Special Olympics en novembro
O Campionato Nacional de Baloncesto Special Olympics desputarase o próximo mes de novembro en Vigo, segundo anunciou Corina Porro, alcadesa de Vigo, despois de reunirse co xerente nacional de Special Olympics España, Enric Blesa, e o presidente deste movemento en Galicia, Eladio Fernández.
O campionato reunirá na cidade de Vigo un total de 550 deportistas con discapacidade intelectual de toda España, a metade dos cales serán galegos. Sumándolle a esta cifra o número de adestradores, integrantes da organización e voluntarios chegarase ás 900 persoas.
Numerosas institucións públicas e privadas colaboran na organización deste torneo, que servirá para que os deportistas de Special Olympics poidan demostrar que se pode vivir o deporte dun xeito distinto, no que o importante non é tanto o resultado como a capacidade de esforzarse para conseguir unhas metas a pesar de todas as barreiras.
Este Campionato Nacional de Baloncesto, ao igual que todos os eventos organizados por Special Olympics, busca promover o deporte entre as persoas con discapacidade intelectual, así como os valores da solidariedade, a convivencia e a aceptación das diferenzas e peculiaridades individuais.
O Campionato celebrarase ao longo de tres días, nos cales se desputarán partidos en equipo e probas adaptadas a nivel individual. Finalizada a competición, as autoridades asistentes entregarán medallas. Paralelamente ao Campionato terá lugar en Vigo un encontro de familiares.
Descargar todas as imaxes