O goberno municipal pide un informe de responsabilidades administrativas das actuacións das forzas do orden público no "Mercado de A Pedra"
O Goberno local pediu un informe ao departamento de Patrimonio do Concello para analizar a relación xurídica que vincula ao Concello coa asociación que xestiona o inmoble denominado "Mercado de A Pedra" e que analice as posibles responsabilidades que poideran derivarse en vía administrativa polas actuacións practicadas polas forzas do orden público o martes neste mercado, onde localizaron ropa falsificada.
En canto a actuación da Policía Local, o goberno municipal quere aclarar que ésta só actúa no ámbito municipal do Concello e que este tipo de comercio –como o obxecto da intervención do martes- trasciende o ámbito municipal e, polo tanto, require de investigacións de equipos especiais que dependen das Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado.