Escoitar

III Trofeo de catamaráns a vela El Corte Inglés-Turismo de Vigo

A terceira edición da Regata El Corte Inglés-Turismo de Vigo de Catamaráns a Vela celebrarase en augas da Ría de Vigo os días 11 e 12 de febreiro , organizada polo Club de Vela da Praia do Vao coa colaboración da Federación Galega de Vela, Caixanova e Coca-Cola.<br />

mércores, 8 feb 2006
1139401524catamaran.jpeg
A previsión inicial estima a participación de 40 embarcacións e 70 regatistas, repartidos entre as entre as clases Hobie Fox, FX One, Hobie 15, Dart 18 e Tiger. A regata será unha das antesalas , xunto co Raid Rías Baixas, do gran Campionato do Mundo das clases Tiger e Dragoon, que do 24 ao 28 de xullo organizan conxuntamente a Fundación Cangas Deporte, a dirección xeral para o deporte da Xunta e a Deputación de Pontevedra

A primeira edición da regata foi no ano 2004 coa finalidade de promover e impulsar unha clase de vela lixeira que estaba por descubrir en Galicia e logrou reunir na auga a mais de 20 embarcacións da clase.
Descargar todas as imaxes