Corina Porro inaugura a exposición "A outra cara de África" no Verbum
A alcaldesa, Corina Porro, inaugura hoxe martes ás 19:00 no Verbum a exposición "A outra cara de África", organizada pola Asociación para a Integración e o Desenvolvemento do Africano (AIDA).
Esta mostra nace do desexo de presentar África con todas as súas riquezas e valores, froitos da súa diversidade e autenticidade. Así, os visitantes poderán achegarse á arte e á relixión dos africanos para descubrir un continente cheo de contrastes e compartir a esencia da súa cultura.
Segundo o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, "A outra cara de África" responde á tentativa de atender o diferente e mostrar a diversidade, unha das liñas de acción do Verbum – Casa das Palabras. Ademais, López-Chaves considera que esta mostra axudará a que "teñamos unha visión nova e ampla das realidades que agora están presentes na nosa cidade".
Deste xeito, a exposición pretende mostrar aspectos moi importantes na vida cultural africana, a través de instrumentos rituais e obxectos de culto, como as máscaras, que escapan á concepción da arte e da vida propia da mentalidade occidental.
"A outra cara de África" permanecerá no Verbum ata o 31 de agosto, sendo os horarios das súas visitas guiadas os seguintes:
- Para escolas (con cita previa): do 1 ao 28 de febreiro e do 15 de maio ao 15 de xuño, en sesións que comezan ás 10:00, ás 11:30 e ás 13:00.
- Para o público xeral: do 1 ao 28 de febreiro e do 15 de maio ao 15 de xuño, os sábados con sesións a partir das 12:00 e das 17:00 e os domingos a partir das 12:00.
- Durante xullo e agosto, os martes e os venres ás 12:00 comezarán sesións para o público xeral.
Descargar todas as imaxes