Presentado o Proxecto_Edición
O Marco acolleu a presentación do Proxecto_Edición que ten como eixo o ámbito creativo da edición como novo soporte para a creación artística
O PROXECTO_EDICIÓN está producido polo CGAC de Santiago de Compostela, o MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane de A Coruña.
Trátase dunha colaboración que, por vez primeira, lévase a cabo en Galicia entre tres institucións vencelladas á arte contemporánea, con diferentes liñas de traballo e cunha duración aproximada de tres anos (2006-2008). É un proxecto aberto que ten como eixo a edición, en todas as súas facetas, como ámbito creativo e novo soporte para a creación artística.
O proxecto dará inicio coa celebración dunha festa-presentación no IGI de Santiago de Compostela e coa posta en marcha da web www.proxecto-edicion.net, xa operativa.
As tres institucións acollerán, de xeito alternativo ou complementario, os diferentes proxectos que se vaian xerando, desde exposicións ata talleres, centros de documentación, feiras, encontros, etc. que se irán dando a coñecer en cada momento.
Descargar todas as imaxes