Entregado no Rexistro da Xerencia de Urbanismo o documento final do PXOM
Consultora Galega entregou hoxe martes no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo o documento final do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O documento será entregado aos grupos políticos hoxe martes ou mañá mércores para que o estuden.
Agora o seguinte paso da tramitación do PXOM é o de determinar a data do Pleno que debaterá a súa aprobación provisional. Esta data deberá decidila o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo na súa reunión do próximo 28 de febreiro.
Deica entón, os grupos políticos poderán traballar durante o mes sobre o documento. Finalmente, o 28 de febreiro o Consello da Xerencia tamén decidirá se o Pleno de aprobación provisional do PXOM se celebrará coas portas abertas a calquera persoa que queira asistir ou só con convidados que representen a todos os grupos implicados na tramitación do documento.