Táboa redonda sobre anteproxecto da Lei Orgánica de Educación
O servizo de Educación do Concello organiza unha táboa redonda para analizar o anteproxecto da Lei Orgánica de Educación dirixida á comunidade educativa en xeral e que terá lugar o mércores ás 19 horas no salón de actos do Instituto Municipal de Educación.
Entre os principios xerais da Lei, figuran entre outros a equidade, que garante a igualdade de oportunidades, a inclusión educativa e a non discriminación e actúe como elemento compensador das desigualdades persoais, culturais e sociais, con especial atención ás que deriven de discapacidade, así como a transmisión de valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respeto e a xustiza e que axuden a superar calquera tipo de discriminación.
A mesa de debate contará coa seguinte representación:
- D. Antonio Vázquez Vázquez, Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, en representación da Consellería de Educación.
- D. Alfonso Guitián Álvarez, Director do CEIP "Frián-Teis", en representación da Mesa de Directores/as do ensino público da nosa cidade.
- Dna. Marta Toyos Pérez, Xerente da Confederación Española de Centros de Ensino de Pontevedra, en representación de CECE-PONTEVEDRA.
- D. Julio Melero Fernández, Presidente da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais en representación da FOANPA.
- D. Javier Berridy Quintana, vocal da Federación de Asociacións de Pais de Alumnos da provincia de Pontevedra, en representación da FAPAPONTEVEDRA.
- D. Ignacio López-Chaves Castro, Concelleiro Delegado do Servizo de Educación do Concello de Vigo, actuará como moderador.
Descargar todas as imaxes