Os alcaldes das 18 cidades que integran o Eixo Atlántico asinarán a Carta de Aalborg
O pazo de congresos e exposicións de Santiago celebra o martes día 31 , ás 10 horas, a asemblea xeral ordinaria do Eixo Atlántico, na que se aprobarán as liñas estratéxicas nas que se desenvolverán as actividades da organización deste ano.
O ano 2006 está previsto que o Eixo Atlántico poña en marcha tres novos programas europeos financiados con fondos FEDER, por importe de 564.000 euros: Desurb, Siutea e Mobilitas. Estes programas cofinanciarán as estratexias prioritarias aprobadas polo Eixo con carácter plurianual e que conforman o proxecto político da organización que presentará Xosé Sánchez Bugallo, presidente do Eixo Atlántico, na súa intervención ante a asemblea xeral.
Entre as pezas claves desa estratexia atopase o desenvolvemento sostible urbano da eurorexión, a aplicación das novas tecnoloxías da información á aplicación e á xestión municipal, o desenvolvemento do estudo estratéxicos e introducción entre os obxectivos da máxima prioridade a políticas de actuación en materia de xuventude.
A organización, integrada polas cidades da A Coruña, ferrol, Lugo, Monforte, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Vilagarcía, Braga, Bragança, Chaves, Guimaraes, Peso da Regua, Porto, Viana do Castelo, Vilanova de Gaia e Vila real, asumirá os compromisos da Conferencia Europea sobre Cidades Sostibles, asinando a Carta de Aalborg. O acto contará coa presenza do presidente da Xunta , Emilio Pérez Touriño, da ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona e o Secretario de Estado de Portugal de Desenvolvemento Rexional.