Programación do Marco de xaneiro a abril
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves e o director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo, presentaron o avance da programación do Museo de Arte Contempraneo para o periodo de xaneiro a abril de 2006. As actividades programadas son exposicións temporais, concertos e festivais, talleres de artistas, programación didáctica, cursos para adultos, servizos da biblioteca-mediateca e actividades da Agrupación de Amigos.<br />
Exposición temporais
URBANITAS
3 febreiro - 28 maio 2006
Produción:MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Comisarios:Iñaki Martínez Antelo e Carlota Álvarez Basso
URBANITAS presenta o traballo de 30 novos creadores galegos nados a partir de 1970. Ademais desta característica en común, o eixo temático son as actitudes, visións e percepcións vencelladas ao contexto e espazo urbano. A meirande parte das obras –entre as que se inclúen esculturas, instalacións, pinturas murais, grafitti, instalacións sonoras, vídeos, fotografías ou debuxos– foron producidas especificamente para esta exposición.
O MOMENTO SUSPENDIDO. Obras da Colección H&F, Holanda
20 xaneiro - 7 maio 2006
Produción:CRAC Alsace, Francia
Comisaria:Hilde Teerlinck
"¿Que ocorrería se puidésemos deter o tempo por un instante?". Os artistas presentes nesta exposición semellan terse feito nalgún momento unha pregunta similar. Unha selección de pinturas, fotografías, vídeos, instalacións e esculturas de 20 artistas internacionais da Colección H&F, propiedade do escritor holandés Han Nefkens. Instantáneas fugaces, variacións dun mesmo movemento, imaxes indefinidas, reflexións sobre a vida cotiá ou sobre a fraxilidade da existencia... momentos suspendidos que cada espectador pode experimentar por si mesmo.
VIDEOURBANITAS

Unha proposta que discorre paralelamente á exposición URBANITAS e que reúne unha selección de pezas videográficas dalgúns dos artistas participantes nesta mostra, que traballan co vídeo –de forma non exclusiva– como soporte das súas creacións. O programa exhíbese en continuidade no Espazo Anexo.
Concertos e festivais
URBANITAS A ESCENA
A mostra URBANITAS vai acompañada dun programa de actividades paralelas nun dos patios da planta baixa, que por un tempo se converte en escenario para concertos, performances ou accións de artistas participantes e invitados.
As tres primeiras actuacións terán lugar o venres 3 febreiro (coincidindo coa inauguración da exposición), venres 3 de marzo e venres 7 de abril.
CONCERTO INAUGURAL
Grupo TELÉMACO (Lugo) + Dj Ningunos (Vigo)
venres 3 febreiro
Lugar: Patio A1, na planta baixa
Horario: ás 20.30
O Fillo Pausado (Vigo) + Jiménez del Oso (Santiago) + Djs Dose (Vigo)
venres 3 marzo
Lugar: Patio A1, na planta baixa
Horario: ás 19.30
Salón SINSAL INVERNO
Produción: SinsalAudio
Actuación do dúo YELLOW SWANS + ZA, integrado por Pete Swanson e Gabriel Mindel Saloman (California, EEUU)
Data: sábado 25 de febreiro
Lugar: salón de actos
Horario: ás 19.30
Talleres de artistas
Mónica Alonso
"De principio a fin: procesos de intervención espacial"
Un taller dirixido por Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970), artista participante na exposición "URBANITAS", e destinado a artistas e estudantes de Belas Artes. Aproveitando a presencia da súa intervención no panóptico do MARCO, a artista centra a súa reflexión na complexidade que entrañan os procesos de intervención espacial na expresión da arte contemporánea, e intenta facer visibles as peculiaridades desta expresión artística que ten ao lugar elexido como principio e fin.
Datas: do 24 ao 28 de abril
Horario: de 16.30 a 20.30
Lugar: sala perimetral B1
Previa inscrición e matrícula
Didáctica
ACTIVIDADES PARA ESCOLARES
deica o 23 de xuño de 2006
Lugar: Salas de exposición e Laboratorio das Artes (primeiro andar)
Horario: martes, mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.00
Previa cita no tel. 986.11.39.00/11 (ext. 307 ou 314)
Nos programas educativos de cada exposición –visita e taller no museo, e actividades para antes e despois da visita– os alumnos familiarízanse co mundo dos museos, da arte e dos artistas, habitúanse a extraer información visual das obras e a reflexionar sobre o seu contido. Durante os meses de xaneiro a abril de 2006, o programa para escolares baséase nas exposicións "O MOMENTO SUSPENDIDO" (educación infantil e primaria) e "URBANITAS" (secundaria e bacharelato).
TALLERES PARA FAMILIAS
Durante as fins de semana, os adultos poden deixar os nenos ao coidado dos educadores, ou ben participar con eles en distintas actividades programadas no espazo do primeiro andar dedicado aos máis pequenos: o Laboratorio das Artes.
SÁBADOS: contacontos e talleres para nenos de 3 a 8 anos
deica o 27 de maio de 2006
Lugar: Laboratorio das Artes (primeiro andar)
Horario: sábados de 12.00 a 14.00
Os libros e albumes ilustrados son excelentes espazos de creación para artistas e ilustradores, axudan ao achegamento entre os ámbitos da literatura e das artes plásticas, e poden contribuír decisivamente á educación da mirada. Os sábados, estas historias vividas serven como punto de partida para obradoiros artísticos e outras aventuras.
DOMINGOS: talleres para nenos de 3 a 8 anos
deica o 28 de maio de 2005

Horario: de 12.00 a 14.00
Cando o horario e o número de participantes o permite, estes talleres están precedidos de visitas ás salas de exposición. O obxectivo destas actividades para nenos é servir de ponte na súa educación artística, estimular a súa creatividade, e introducilos dun xeito entretido no mundo da arte, dos artistas e dos museos.
Cursos para adultos
"Iniciación á arte contemporánea para adultos"
Seguindo unha estrutura cronolóxica, este curso de iniciación á arte contemporánea está dirixido a persoas interesadas en coñecer de primeira man os movementos e autores chave na historia da arte do século XX. Neste primeiro cuadrimestre de 2006 remata o primeiro ciclo e desenvólvese o segundo.
Docente: Ana Pereira Molares
Lugar: Salón de Actos
Horario: mércores, de 19.00 a 20.30
Previa inscrición e matrícula
Ciclo 1: "A arte do século XX: de principios de século á 2ª guerra mundial" do 5 outubro 2005 ao 25 xaneiro 2006
Ciclo 2: "A arte dos séculos XX e XXI: da 2ª guerra mundial aos nosos días" do 1 febreiro ao 31 maio 2006
"O cine na fronteira das artes plásticas"
No mes de xaneiro teñen lugar as últimas sesións deste curso monográfico, que ofrece unha panorámica da arte cinematográfica e dos movementos e autores que ao longo da historia do cine se aproximaron dun modo máis claro ás artes plásticas.
Docentes: Xaime Pena, Xosé Luis Castro de Paz, Xosé Nogueira, Alberte Pagán, Antonio Weinrichter
Calendario: do 18 outubro 2005 ao 31 xaneiro 2006
Lugar: Salón de Actos
Horario: martes, de 19.00 a 20.30
Previa inscrición e matrícula
"Aproximacións á arte galega contemporánea"
Coordinado por Alicia Carrera Gómez, e impartido por ela mesma e por varios expertos en arte galega contemporánea, este curso organízase en sesións monográficas que analizan diversas obras, movementos e autores desde principios de século aos nosos días.
Calendario: do 7 de marzo ao 30 de maio de 2006
Lugar: salón de actos
Horario: martes, de 19.00 a 20.30
Previa inscrición e matrícula
Outros eventos
Premiere EGACI 2005: presentación dos mellores traballos da Escola Galega de Cine no ano 2005
Organiza: EGACI, Escola Galega de Cine
Data: martes 7 de febreiro
Lugar: salón de actos
Horario: ás 19.30
Entrada libre e gratuita
"ALT.o6" V Festival Alternativo de Teatro e Danza
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Vigo, e NoescaféTeatro
Colabora: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Programa especial DANZA CONTEMPORÁNEA
Datas: venres 10 e sábado 11 de marzo
Lugar: salón de actos
Horario: ás 20.00
Agrupación de amigos do Marco
Actividades exclusivas para membros da Agrupación de Amigos do MARCO
Viaxe a Nova York, con visitas guiadas ao MoMA (Museum of Modern Art), Bienal do Whitney Museum, e New Museum
Datas: do 27 de abril ao 4 de maio
Visitas guiadas ás exposicións temporais do MARCO:
- Visita á exposición "O MOMENTO SUSPENDIDO. Obras da Colección H4F, Holanda", guiada pola comisaria, Hilde Teerkink, e o propietario da colección, Han Nefkens
sábado 21 de xaneiro, ás 12.00
- Visita á montaxe da exposición "URBANITAS", guiada polo comisario da exposición e director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo
luns 30 de xaneiro, ás 19.00
Programa de visitas a galerías e centros de arte: "MARCO Extramuros", guiadas por Juan Martínez de la Colina
- sábado 14 de xaneiro
- sábados por confirmar en febreiro, marzo e abril
Descargar todas as imaxes