Escoitar

Pleno da Corporacaión

Orde do día para a sesión ordinaria que terá lugar o día 30 da xaneiro , ás nove horas, no salón de Plenos deste Concello.

venres, 27 xan 2006
1.- Acta anterior. (Sesión extraord. 21.11.05)

ALCALDIA
2.- Proposta de substitución de dedicación exclusiva correspondente a un concelleiro do Grupo municipal do Partido Popular.

3.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 28.11.05 de nomeamento do Interventor Xeral do Concello.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
4.- Arquivo de expediente de revisión de oficio para a declaración de nulidade do convenio formalizado entre "Miraflores Vigo, S.A." e o Concello de Vigo o día 26 de outubro de 1992 e inicio de novo expediente de revisión para os mesmos fins. Expte. 4619/401.

5.- Corrección de erros na modificación puntual núm. 3 do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (Valladares). Expte. 9353/411.+

XESTIÓN MUNICIPAL
6.- Aprobación definitiva da modificación dos estatutos do Consorcio Casco Vello de Vigo.

7.- Aprobación inicial de proposta de supresión do artigo 25 dos estatutos do Organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

8.- Toma de coñecemento de acordo da Xunta de Goberno Local, sesión do 21.10.05, de desafectación de terreos de propiedade municipal pertencentes ó CEIP Emilia Pardo Bazán, afectados por obras no camiño do Chouzo. Expte. 17295/240.

9.- Toma de coñecemento do acordo da Xunta de Goberno Local, sesión do 21.10.05, de nova delimitación da propiedade municipal nº 000037, Colexio preescolar Palencia, a solicitude da Consellería de Educación e rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos. Expte. 6774/332.

ASUNTOS SOCIAIS
10.- Proposta de denominación da Praza do Pazo Solita. Expte. 261/234.

11.- Denominación de rúas no PAU Cambeses en Lavadores. Expte. 259/234.

12.- Proposta de denominación de rúa e do Complexo Deportivo Municipal da praia de Samil co nome de "Antonio Nieto Figueroa "Leri".

13.- Cambio de denominación do Centro de educación primaria Caixa de Aforros de Vigo por "Centro de educación primaria Caixanova". Expte. 7421/332.

MOCIÓNS
14.- Moción da Xunta de Voceiros pola defensa das liberdades públicas.

15.- Moción do Grupo municipal do PG de adhesión ós actos en memoria de Enrique Peinador Lines.

16.- Moción do Grupo municipal do PG relativa ó uso do idioma galego.

17.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a accesibilidade da páxina web do Concello para as persoas maiores e con discapacidade.

18.- Moción do Grupo municipal do BNG propoñendo a ordenación e mellora do tráfico na rúa Marín e laterais.

19.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE propoñendo a elaboración dun regulamento de publicidade e comunicación institucional.

20.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ó aluguer dos inmobles municipais.

21.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE por unha política activa de desenvolvemento eficiente das institucións de interese estratéxico para Vigo.

22.- Rogos e preguntas.