A Biblioteca Pública Central programa un febreiro con actividades para todos
A Biblioteca Pública Central ofrece en febreiro entre as súas actividades visitas escolares, un obradoiro de prensa para rapaces, o clube de lectura de adultos, contos para nenos e moito máis.
Os nenos e nenas a partir de 3 anos poderán coñecer a biblioteca infantil e xuvenil a través das visitas escolares os martes, mércores e xoves, de 10:30 a 12:00. Pódese pedir cita chamando ao 986 22 90 74 e preguntando por Rosa ou Carina.
Para os rapaces de 5º e 6º de primaria, a Biblioteca Central organizará un obradoiro de prensa escrita, de luns a venres a partir das 10:00. Neste taller poderanse anotar un máximo de 25 rapaces. Para facelo hai que chamar á Biblioteca e preguntar, tamén, por Rosa ou Carina.
Pola súa parte, os adultos contarán cun Clube de Lectura os mércores de 17:30 a 18:30 na sala de conferencias. Esta iniciativa consite na lectura dunha mesma obra por parte dun grupo de persoas que se reúnen un día á semana para comentalo e falar.
O conto terá o seu espazo cada sábado, de 11:30 a 12:30, na sala infantil. Os contos escollidos para cada ocasión son estes: o día 4, "Pinocho", de Gianni Rodari; o 11, "La cesta de la abuela" (conto popular ruso); o 18, "Cuidado con los cuentos de lobos", de Lauren Child; e o 25, "La señora Holle" (conto popular alemán). Prégase puntualidade.
Febreiro é, ademais, o mes do Entroido, e a Biblioteca Pública celébrao coa obra "Canta-Contos", a cargo da compañía Migallas Teatro. Será o día 28 (martes de Entroido) ás 11:30 na sala infantil-xuvenil.
Así mesmo, durante o próximo mes a Biblioteca Central completará a súa oferta con visitas guiadas para adultos, formación de usuarios, consultas de bases de datos (en CD-rom e en liña), acceso a Internet gratuíto para os socios e a posibilidade de solicitar libros que a Biblioteca non ten.
Descargar todas as imaxes