O Valedor do Cidadán propón rutas para peóns ligadas a zonas emblemáticas de Vigo
A alcaldesa, Corina Porro, e o Valedor do Cidadán, Luis Espada, presentaron hoxe venres o libro "Rutas peonís no Concello de Vigo", no que se describen a través de información escrita, fotografías e planos 12 percorridos ligados a outras tantas zonas emblemáticas do noso municipio.
"Rutas peonís no Concello de Vigo" é, segundo explicou Luis Espada, "un froito de vontades" no cal colaboraron a fundación Vigueses Distinguidos, o propio Valedor do Cidadán, a Universidade e a Alcaldía.
As rutas recollidas neste traballo son as seguintes: Casco Vello, Lagares, o monte do Castro, o monte da Guía, a rúa de Urzáiz, Castrelos, As Travesas, a avenida de Castelao, o percorrido Circular Centro, Bouzas e Samil.
Para cada unha delas, o libro achega unha breve descrición do itinerario, as fotografías indicativas da zona percorrida e a sinalización de indicadores que serven para un mellor coñecemento do corredor peonil. Así mesmo, cada ruta conta cunha ficha na que se recollen datos sobre diversos parámetros de interese, como a lonxitude do percorrido, accesos para minusválidos, cruzamentos, zonas de repouso, iluminación, desniveis, vistas e servizos, como o transporte urbano.
Toda esta información vén precedida dunha toma aérea de cada zona e dun plano no que se sinalan a través de símbolos azuis e vermellos os aspectos positivos e negativos da ruta.
Segundo Corina Porro, estas rutas peonís enlazan cos "nosos espazos máis emblemáticos" e "encaixan no modelo de cidade que entendemos mellor para todos os vigueses". A alcaldesa considera que os itinerarios propostos neste libro son "unha oportunidade para que tamén os que nos visitan poidan mergullarse na nosa historia, arte e realidade social e económica".
Descargar todas as imaxes