Escoitar

Alfredo Palau García gaña o concurso de Carteis do Entroido

Alfredo Palau García é o gañador do concurso de Carteis do Entroido de 2006 cun traballo titulado "Máscara" e que o Concello utilizará de soporte gráfico para anunciar o carnaval que este ano se celebra do 24 de febreiro ao 1 de marzo.

xoves, 26 xan 2006
1138281931car6.jpeg
O xurado do XX Concurso de Carteis do Entroido do Concello de Vigo, presidido polo concelleiro Ignacio López-Chaves, reuniuse o pasado mércores , para analizar os 123 carteis presentados a este edición. O xurado decidiu outorgar o primeiro premio, cunha dotación de 2.400 euros, ao cartel presentado baixo o lema "Máscara" de Alfredo Palau García. Tamén decidiu que recibirán senllos accésits de 300 euros os traballos presentados baixo o lema " Filloas " de Luisa González Fontaíña; "Careto" de Raul Cardoso Cabrero e "A comparsa do meco" de Angeles Fuentes Rodríguez.

O cartel gañador utilizarase na difusión do programa do "Entroido 2006", que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural do que se editarán 20.000 programas de man e 2.000 carteis.
Descargar todas as imaxes