Preto de 4.000 persoas visitaron o Centro de Artesanía Tradicional
Máis de 47 centros escolares e preto de 2.000 alumnos pasaron , o ano 2005, polo Centro de Artesanía Tradicional durante os seis meses que dura o programa didáctico, na que o alumnado de Vigo e a súa área metropolitana teñen a posibilidade de achegarse aos oficios tradicionais con demostracións en directo, ademáis de poder visitar a exposición permanente.
Hai que resaltar a boa acollida que tivo a actividade "Artesanía Viva" entre a cidadanía, na que o segundo sábado de cada realizáronse no CAT demostracións en directo sobre os oficios tradicionais.
No mes de setembro, máis de 1700 persoas, asistiron á exposición temporal "Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galicia" que tivo lugar na Casa das Artes de Vigo. Esta exposición foi moi ben acollida polo público o cal tivo a posibilidade de asistir a demostracións en vivo con mestres artesáns así como a unha charla sobre a fala dos canteiros impartida por Jorge Rodrígues Gómes.
En colaboración con outras institucións participouse na promoción da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugés á UNESCO que tivo lugar en Melgaço (Portugal); nos eventos culturais que se organizaron con motivo da saída da Volvo Ocean Race 2005; e co Museo do Mar de Galicia na mostra "Os cestos do mar de Vigo".
Polo que respecta ao programa formativo de cestería tradicional realizado a través da Casa do Cesteiro, este ano formáronse neste oficio arredor de 100 alumnos. Este ano continuarase coa labor de formar a novos cesteiros e xa saíu a convocatoria de cursos que se pode consultar na páxina web http://www.vigo.org/artesanía
Para ao ano 2006 o CAT ten previsto novas actividades, na que destacan entre outras a creación dun concurso escolar sobre a artesanía tradicional, a participación en feiras de Galicia e norte de Portugal, a posta en marcha doutra exposición sobre artesanía tradicional, traballos de investigación para a recuperación dos oficios tradicionais, a creación dun seminario de artesáns, a organización de conferencias e o inicio dun programa de publicacións.
Descargar todas as imaxes