O Arquivo Pacheco estará presente en Vigo Náutica Internacional con "Pano de Lona"
A concellería de Cultura participará a través do Arquivo Pacheco na próxima edición de Vigo Náutica Internacional co fondo fotográfico da publicación "Pano de lona" que amosa unha colección de 13 imaxes de principios do século XX cunha proposta a modo de xogo de palabras para describir en que se poden converter as velas dos barcos.
Cada imaxe está acompañada de "1.000 palabras", un texto alusivo a cada unha delas, escritas por narradores María do Carme Kruckenberg, Fran Alonso, Rosa Aneiros, Marilar Aleixandre, Dario Xohán Cabana, Anxos Sumai, Fina Casalderey, Xurxo Borrazás, Luísa Castro, Victor Freixanes, Xurxo Souto, Gonzalo Navaza e Agustín Fernández Paz.
A exposición deseñada polo equipo do Arquivo Pacheco, volverá a ver a luz do 2 ao 5 de marzo no marco de Vigo Náutica Internacional, no recinto feiral de Cotogrande, cunha montaxe total de 14 láminas de gran formato e os seus respectivos textos.
Descargar todas as imaxes