xoves, 2 xuñ 2005
Dentro do programa de exposicións da Casa das Artes do presente ano 2005, a concellería de Cultura presenta esta exposición que iniciou a súa andaina en Barcelona, itinerando por Zaragoza e mostrándose agora en Vigo por primeira vez en Galicia.
O conselleiro de Pesca abordará o futuro do aproveitamento sustentable dos recursos pesqueiros
mércores, 1 xuñ 2005
O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, clausura o, 2 de xuño, o ciclo "Polos mares de Galicia", que se vén desenvolvendo dende o pasado 19 de maio organizado polo departamento de Cultura do Concello de Vigo en colaboración coa Fundación CaixaGalicia e a Universidade de Vigo.
mércores, 1 xuñ 2005
Os alumnos da Escola Municipal de Teatro mostrarán o que aprenderon ao longo do curso con seis representacións do 7 ao 10 de xuño no Auditorio do Concello. Ademais, na primeira quincena de xullo, a Escola ofrecerá catro cursos monográficos relacionados co teatro.
martes, 31 mai 2005
A quinta sesión do ciclo "Polos mares de Galicia", que terá lugar o mércores 1 de xuño no salón de actos da Aula Sociocultural da Fundación CaixaGalicia ás 20.00 horas, contará cun invitado de excepción, como é o director de navegación da Volvo Ocean Race e responsable de seguridade dos equipos participantes desta regata, Jeremy Troughton.
martes, 31 mai 2005
O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 e o Concurso Nacional de Piano "Compositores de España" chega á súa fin cun acto de clausura conxunto no que os gañadores das distintas categorías recibirán os seus premios e ofrecerán un recital.
luns, 30 mai 2005
O martes 31 de maio ás 21:00 horas, no Auditorio Caixanova, o pianista ruso Evgueni Starodoubtsev ofrecerá un concerto dentro da programación do Festival Internacional de Piano Vigo 2005.
O prezo das actuacións de Nils Wogran, Gianluigi Trovesi Octect, Carlos Barreto Trío+ François Corneloup e Joaquim Kühn serán de 3 euros cada unha
luns, 30 mai 2005
As entradas para os concertos que no marco do I Festival Internacional de Jazz de Vigo desenvolveranse no Auditorio Municipal poñeranse á venda o vindeiro mércores, 1 de xuño, a un prezo de 3 euros cada unha.
José María Jimeno abordará a importancia do ecosistema mariño como fonte da investigación biomédica
venres, 27 mai 2005
O salón de actos da Casa Galega da Cultura acollerá o vindeiro luns, 30 de maio, a cuarta conferencia do ciclo "Polos mares de Galicia", na que o vicepresidente científico e responsable do departamento de desenvolvemento científico de PharmaMar, José María Jimeno, abordará a importancia de coñecer e analizar o ecosistema mariño como fonte importante na investigación biomédica.
xoves, 26 mai 2005
O filme "Pataghorobí", baseado nun relato de Xosé Cid Cabido, é a primeira das catro películas para televisión baseadas en relatos literarios contemporáneos que se rodarán en Galicia. Esta película, ambientada no Vigo de finais dos oitenta gravarase integramente na cidade en 36 localizacións diferentes.
mércores, 25 mai 2005
Despois da inauguración a cargo de Leonel Morales, o Festival Internacional de Piano Vigo 2005 continua o seu programa coa actuación de Antonio Di Cristofano, mañá xoves 26 de maio a partir das 20:00 no Auditorio do Concello. Esta actuación servirá tamén de apertura ao Concurso Nacional de Piano de Vigo.