O II Festival Internacional de Jazz de Vigo celebrarase do 15 de xuño ao 2 de xullo
A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentaron hoxe martes a segunda edición do Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons", que se desenvolverá en teatros, auditorios, locais e rúas da cidade do 15 de xuño ao 2 de xullo próximos.
Corina Porro afirmou que o Festival Internacional de Jazz de Vigo se está "convertendo xa nun proxecto de futuro", como demostra a boa acollida que se lle deu no mundo especializado do jazz. Marta Souto, delegada da Consellaría de Cultura, institución que colabora na organización do Festival, relacionou esta circunstancia co "momento de auxe" que vive este estilo musical na nosa comunidade.
"Imaxina sons" é un proxecto municipal cun orzamento de 400.000 euros ao que contribúen Caixanova, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Este festival xorde como resposta á necesidade de contemplar a realidade do jazz actual no ámbito máis próximo, tanto xeográfica como culturalmente. Deste xeito, o festival de Vigo pretende encher un espazo baleiro nos festivais de jazz en España: a perspectiva máis europea do noso jazz, cunha visión que mostre a auténtica actualidade desta música á marxe de condicionantes comerciais, cubrindo así unha demanda cultural patente na cidade de Vigo e no resto de Galicia.
Como principais novidades, "Imaxina Sons" contará este ano cunha maior variedade de estilos de jazz, e ofrecerá actuacións para o público familiar, como o "Pequejazz" que terá lugar o 1 de xullo no Auditorio Municipal. Ademais, nesta segunda edición do Festival haberá unha maior presenza de bandas viguesas e participará, como plataforma que se pretende consolidar dentro do Festival, a Imaxina Jazz Orquestra, un conxunto formado por músicos galegos nado para levar, posteriormente, o jazz da nosa comunidade ao resto de España.
Os obxectivos que se perseguen con "Imaxina Sons" son os seguintes:
1. Amosar con periodicidade anual a actualidade do jazz, facendo especial mención naquelas propostas de calidade que aposten pola innovación e a orixinalidade, e que aporten novidades ao Jazz nos tres ámbitos xeográficos nos que nos movemos: Galicia, España, Europa.
2. Apoiar especialmente aos músicos que realizan a súa actividade no ámbito galego, mantendo unha presencia dos seus proxectos no festival e contribuíndo así á su difusión exterior.
3. Atender á actualidade jazzística no resto de España, con especial atención ás tendencias máis novidosas.
4. Centrar a presencia extranxeira no Jazz europeo, xenerador da maior evolución na historia contemporánea do Jazz, sen renunciar a presencias puntuais do jazz latino ou americano.
5. Conseguir que Vigo se convirta en referencia dos festivais á vanguardia do Jazz, con novas iniciativas que se irán introducindo en sucesivas edicións.
Para conseguir estes obxectivos, "Imaxina Sons" desenvolverase a través de múltiplas e diferentes actividades:
- Concertos en teatros e auditorios (Centro Cultural Caixanova, Auditorio Municipal, Conservatorio...).
- Jazz na rúa: actuacións ao aire libre na praza da Estrela e pasarrúas polas principais zonas peonís da cidade.
- Actuacións nocturnas en locais.
- Exposicións, mesas redondas, debates, conferencias, master-class, etc.
Descargar todas as imaxes