Lavadores acolle esta fin de semana unha eliminatoria do xuvenil feminino de balonmán
O Pavillón Municipal de Lavadores acolle, do venres 28 ao domingo 30 deste mes, unha das seis eliminatorias da categoría xuvenil feminina do Campionato Nacional de Balonmán. Nela, a Unión Balonmán de Lavadores medirase fronte á Unión Sevilla, o Faro de Xixón e o Cleba de León.
Os catro equipos loitarán por representar as súas respectivas Comunidade Autónomas na fase final do Campionato Nacional de Balonmán, de onde sairá o novo campión de España. Para iso, primeiro enfrontaranse entre si en Lavadores, en seis partidos que se desputarán o venres (18:30 e 20:15), o sábado (10:30 e 12:15) e o domingo (10:30 e 12:15). Na primeira xornada, a Unión Balonmán de Lavadores xogará coa Unión de Sevilla; o sábado, co Faro de Xixón, e o domingo, co representante castelán-leonés.
Durante a presentación deste evento, hoxe martes, a concelleira de Deportes, Lucía Molares, afirmou que colaborando con iniciativas como esta o Concello demostra que "a súa aposta polo deporte feminino é unha constante".
Descargar todas as imaxes