Escoitar

"A fábula da raposa" teatro de títeres para escolares no Concello

A compañía aragonesa "Titireteros de Binéfar" representarán o espectáculo para escolares "La fábula de la raposa" os próximos días 27 e 28 de abril no Auditorio Municipal, froito da colaboración do servizo de Educación do Concello e a Obra Social e Cultural de Ibercaja.

martes, 25 abr 2006
1145955856raposa.jpg
Ao longo das catro sesións matinais programadas para escolares ás 10,15 h e 11,45 h respectivamente, 900 alumnos/as de primaria de 19 centros de ensino da cidade, terán a oportunidade de achegarse a disfrutar da referida obra teatral, ofertada no marco do programa educativo municipal "Vigo por dentro". Todos os centros de ensino participantes teñen recibido previamente para o seu traballo inicial de motivación na aula, o soporte documental completo, que inclúe programa de man, cartel e caderno didáctico da actividade.

Os centros de ensino que participan son os : Ceip Pintor Laxeiro, Ceip Doblada, Ceip Frián Teis, Ceip García Barbón, Ceip Balaídos, Ceip Doutor Fléming, Ceip Carrasqueira, Ceip Lope de Vega, Ceip Igrexa Valadares, Ceip Sobreira Valadares, Ceip Seis do Nadal, Cee Saladino Cortizo, Colexio Salesianos, Colexio Maristas, Colexio Alborada, Colexio Alba, Colexio Mariano, Colexio Rosalía de Castro e Colexio Martín Codax.

O xoves 27 ás 19,30 está prevista unha sesión teatral en aberto para as familias con o acceso gratuíto ata completar o aforo.

A sinopse da obra "La fábula de la raposa" rescata o vello texto popular que conta a historia dunha raposa que vive nun pobo case abandoado e establece unha curiosa relación cun ancián. O espectáculo de grande tenrura, invita ao espectador a unha reflexión sobre os animais, a natureza, os ciclos da vida e a existencia humana, todo elo en clave de belísima fascinación...

A compañía aragonesa "Titireteros de Binéfar" conta cunha longa experiencia; foi fundada en 1975 por Pilar Amorós e Paco Paricio, ten creado mais de vinte espectáculos, ten editado tres discos de música tradicional e dous libros, e conta na actualidade con once membros estables entre músicos, deseñadores, equipa de xestión e titiriteros. Os seus espectáculos teatrais de carácter didáctico teñen viaxado por todo o mundo e contan con numerosos premios nacionais e internacionais.
Descargar todas as imaxes