Fotografías de jazz en Vigo

venres, 9 xuñ 2006

"Jazz en Vigo e en directo" é unha exposición de fotografías de Javier Albertos que se poderá ver dende o sábado día 10 , no salón do Café Grettel, na praza da Constitución. A mostra é unha selección de 12 fotografías pertenecentes aos concertos do I Festival Internacional de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2005.

Inauguración da exposición sobre o deseño no disco de jazz

xoves, 1 xuñ 2006

A Casa das Artes acolle dende hoxe a exposición "Síncopa Negrita: o deseño no disco de jazz 1940-1990" como primeira actividade do festival "Imaxina Sons". A exposición clausurarase o domingo 2 de xullo, coincidindo co remate do festival. "Síncopa Negrita" é unha produción da Fundación Ebbe Traberg, que este ano cumpre o seu décimo aniversario.

Inauguración de la exposición sobre el diseño en el disco de jazz

xoves, 1 xuñ 2006

La Casa de las Artes acoge desde hoy la exposición "Síncopa Negrita: el diseño en el disco de jazz 1940-1990" como primera actividad del festival "Imaxina Sons". La exposición se clausurará el domingo 2 de julio, coincidiendo con el final del festival. "Síncopa Negrita" es una producción de la Fundación Ebbe Traberg, que este año cumple su décimo aniversario.

Concerto do ciclo de música "Xeración 2000+6"

xoves, 25 mai 2006

O dúo de piano "Scaramouche" formado por Jorge Briones e Javier Ares son os novos intérpretes que actuarán o venres dentro do ciclo de música da concellería de Cultura "Xeración 2000+6". O concerto, de entrada libre, terá lugar ás 20 horas no auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música de Vigo.