venres, 9 set 2005
"De mitos e de homes" é o título da exposición que se poderá visitar desde o luns na Casa Galega da Cultura, da pintora Teresa Prieto. A mostra é un percorrido dos cadros principais da pintora que crea un universo metade real, metade imaxinario.
xoves, 8 set 2005
Exposicións temporais, programación audiovisual, concertos e festivais, cursos para adultos, programación didáctica, servizos da biblioteca-mediateca, actividades da Agrupación de Amigos, son as propostas de actividades para os próximos catro meses que terán lugar no MARCO.
mércores, 7 set 2005
A sala de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo, que conta con 110 postos, amplía o seu horario habitual con motivos dos exames de setembro ata o 16 deste mes. Así, o espazo destinado á lectura da Biblioteca Central abrirá de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.30 horas e os domingos de 10.00 a 14.00 horas.<br />
mércores, 31 ago 2005
O convenio asinado hoxe entre a alcaldesa e o vicepresidente da Fundación Caixa Galicia, con vixencia dun ano, supón unha achega total de 420.000 euros por parte da Fundación. Os eventos culturais quedarán repartidos entre as dúas entidades para a súa organización.
martes, 30 ago 2005
Continúa a desenvolverse en Vigo, Baiona e Mos o I Encontro Internacional de Música Xove XOIGA-XOSL, no cal participan a Xove Orquestra Internacional de Galicia e a Xove Orquestra Internacional de Lisboa.
martes, 30 ago 2005
A mostra, que permanecerá na Casa das Artes ata o 2 de outubro, trata de estudar en profundidade os parámetros que converten unha peza en artesanía tradicional e o seu valor. Tamén contará con actividades complementarias onde poderá observarse en vivo o traballo dos artesáns.
mércores, 24 ago 2005
A mostra, que permanecerá na Casa das Artes ata o 2 de outubro, trata de estudar en profundidade os parámetros que converten unha peza en artesanía tradicional e o seu valor.
xoves, 4 ago 2005
A Fundación Laxeiro, co patrocinio do Grupo Afinsa, convoca a segunda edición das bolsas Fundación Laxeiro-Afinsa á creación artística. Dotadas cunha cantidade de 3.000 euros, a elas poderán concorrer proxectos expositivos pensados para desenvolver durante a próxima temporada na sala B da Fundación Laxeiro.
xoves, 4 ago 2005
A alcaldesa Corina Porro acudiu á entrega e destacou a presenza de Gayoso e Caixanova en todos os actos sociais, culturais e económicos da cidade.
mércores, 3 ago 2005
O programa do Are-More 2005 está xa cerrado, case tres meses antes da inauguración deste festival, o próximo 22 de outubro. Na súa presentación, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, dixo aspirar a convertelo nunha "referencia dentro do panorama musical".