Escoitar

Exposición sobre "Os Hernández, ourives de Vigo"

O Museo Municipal Quiñones de León abre ao público o día 28 unha mostra da producción do obradoiro de ourivería "Hermanos Hernández".

venres, 23 xuñ 2006
1151067074ourives.jpg
Presentación da exposición
O centenar de obras que conforman a exposición permitirá afondar no movemento da modernidade suscitado pola creatividade destes ourives na evolución artística da cidade, permitindo unha nova ollada á tradición plástica viguesa. Memoria e presente duns artífices que rescátase do esquecemento, como o Concello fixo este ano ao nomearlles Vigueses Distinguidos.

Eloy e Osmundo Hernández Calzada establecéronse en Vigo en 1921, atraídos polo florecemento da cidade, reflectido nunha intensa actividades cultural e artística á que contribuíron de xeito destacado, o que lles valeu o nomeamento de Fillos Adoptivos en 1927. A contabilidade do obradoiro nos nosos días é o resultado da sabedoría e empeño co que conformaron unha tradición artesanal, fortalecida polos fillos de Eloy ( Julián e Eloy), e máis o seu neto Eloy.
Descargar todas as imaxes