A Xerencia de Urbanismo propón conversas coa Autoridade Portuaria
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves a Alcaldía o establecemento, de xeito inmediato, de conversas coa presidencia da Autoridade Portuaria, co fin de dar solución ás inundacións da parte baixa do Casco Urbano.
O acordo, proposto polo concelleiro do BNG Henrique Viéitez e adoptado por unanimidade, ten por obxectivo que se inicien canto antes as obras necesarias para resolver esta situación. Para iso defende que se poidan restituír as servidumes alteradas pola construción do novo túnel do Areal.
Así mesmo, o acordo do Consello da Xerencia insta a que se dean as ordes oportunas aos servizos municipais e/ou contratas que prestan os servizos relacionados con este problema, para que axuden a paliar os seus efectos máis graves, sempre e cando non teñan que atender outras incidencias que deriven en maiores consecuencias ou risco para as vidas humanas.
Ademais, o Concello deberá prestar asesoramento ás persoas físicas ou xurídicas afectadas polos danos causados, a fin de restituír os bens ou servizos afectados.
Por último, o Consello da Xerencia defende a elaboración dun programa de mantemento preventivo para os principais colectores de Vigo para evitar afeccións innecesarias.
Descargar todas as imaxes