Mr. Dixie, Dúo Iberia, D’3 e Carlos López Cuarteto no Imaxina Sons
A programación do Festival de Jazz Imaxina Sons para o xoves inclúe os pasarrúas a cargo da Mr.Dixie Jazz Band (13:00, 19:00 e 21:00 horas), e as actuacións do Dúo Iberia (Auditorio "Martín Códax", 21:00), D’3 (Praza da Estrela, 23:00) e o Carlos López Cuarteto (Pub Quomo, 23:50).

A Mr. Dixie Jazz Band, elixida este mes mellor orquestra de estilo dixie no Euro Jazz Festival Dixieland de Ville Rueil Malmaison (Francia), vén actuando nas rúas da cidade desde o pasado sábado. Mañá xoves farao na rúa Príncipe e o seu contorno, a partir das 13:00 horas; no Centro Comercial Travesía, das 19:00 en diante, e en Urzáiz, Gran Vía e as terrazas de Santiago de Vigo, a partir das 21:00.
A esa mesma hora comezará no Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música o concerto do Dúo Iberia, composto por Laurent Filipe e Pedro Sarmiento. A entrada é libre.
A partir das 23:00, a noite na Praza da Estrela verase amenizada por D’3, un xogo a tres bandas no que se cruzan sen temor o jazz, o flamenco, bandas sonoras de cativadora beleza ou a riqueza harmónica do universo musical de Ornette Coleman. O concerto é gratuíto.
Finalmente, dentro do ciclo "Jazz na noite", o Carlos López Cuarteto, liderado polo galego Carlos López, ofrecerá un novo concerto no Pub Quomo, a partir das 23:50. A entrada é libre.