Escoitar

Mostra de Tai Chi no "Súbete ó Castro"

O programa xuvenil "Súbete ó Castro" da Concellería da Xuventude desenvolveu nos dous últimos meses unha actividade gratuíta e aberta: Tai Chi ao Aire Libre. Celebrouse os domingos no monte do Castro baixo a dirección técnica da Asociación Asogal Taiji.

venres, 23 xuñ 2006
1151061351taichi.jpg
Como remate da actividade as/os participantes realizarán unha mostra pública desta arte marcial que inclúe os exercicios feitos durante estes meses: exercicios enerxéticos chi kung, exercicios respiratorios e estiramentos.

Ademáis contarase cunha mostra especial de exercicios con abanicos, espadas e outros elementos propios do Tai Chi.

A mostra estará aberta á participación das persoas que asistan o vindeiro domingo 25 de xuño, de 9 a 11h da mañá, á pista de skate do Monte do Castro.
Descargar todas as imaxes