Vigo recupera a tempada de ópera

luns, 31 out 2005

Do 3 de novembro ao 21 de decembro os amantes da ópera terán un cita en Vigo coa nova programación "Lírica de Otoño" que organiza a Asociación de Amigos de la Ópera e que presentou hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.

A segunda sesión do ciclo “As imaxes do amor” do Festival Are More contará co grupo vocal italiano Odhecaton

venres, 28 out 2005

O grupo vocal italiano Odhecaton, dirixido por Paolo da Col, protagonizará o concerto correspondente a segunda sesión do ciclo “As imaxes do amor” do Festival Are More o vindeiro domingo, día 30 de outubro. A Parroquia-Santuario María Auxiliadora será o escenario no que Odhecaton interpretará, ás 20.45 horas, “Tota pulchra es”, baseado na devoción mariana na polifonñia franco-flamenca, e será de entrada libre ata completar o aforo.

Pascual Osa dirixirá á Orquestra Filarmonía no Teatro Fraga-CaixaGalicia ás 18.00 horas

Fernando Argenta presenta o sábado o seu concerto para familias no marco do Festival Are More

xoves, 27 out 2005

O vindeiro sábado, 29 de outubro ás 18,00 horas, o Teatro Fraga-CaixaGalicia acollerá a actuación “Fernando Argenta en concerto... en familia” interpretada pola Orquestra Filarmonía dirixida por Pascual Osa.Este concerto, para o cal xa están esgotadas as entradas, forma parte do ciclo “A formación de públicos no Are More”, unha das novidades que presenta a edición do Festival de Música de Vigo deste ano.

Formado por profesores universitarios, investigadores e profesionais, é un dos máis prestixiosos conxuntos de Hispanoamérica

O Grupo de Música Popular Latinoamericana actuará no Verbum o próximo venres

mércores, 26 out 2005

O Grupo de Música Popular Latino Americana, da universidade de Carabobo, en Valencia, Venezuela, actualmente de xira por Europa, actuará en Vigo o próximo día 28 de outubro, ás sete da tarde , no Verbum. Trátase dun dos máis importantes grupos de investigadores das raíces folclóricas da música criolla en todas a súa variantes e da tradición musical hispano americana que ten en Venezuela un dos seus maiores expoñentes. A entrada será libre.