martes, 15 nov 2005
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe martes os resultados das actividades do Verbum-Casa das Palabras, xunto co director deste museo, Lois Cea. López-Chaves salientou o aumento do número de visitantes e adiantou a intención do Concello de facer do Verbum un museo "didáctico, divulgativo, divertido e diverso".
luns, 14 nov 2005
O Teatro-Sala de Concertos de Caixanova acolle mañá martes, a partir das 20:00, a representación da ópera "Lucrecia Borgia", de Donizetti, organizada pola Asociación Amigos da Ópera de Vigo.
venres, 11 nov 2005
A película de cine non sonoro "O lacazán", realizada por Jean Renoir en 1928, será proxectada co acompañamento musical do trío con piano "Mesturas" o próximo luns 14 no Auditorio Municipal, dentro do ciclo "Música para o silencio", do Festival Are More.
xoves, 10 nov 2005
A Casa das Artes abre o venres unha exposición fotográfica sobre os principais traballos de Pedro Brey Guerra e esta composta de 71 fotografías positivadas das placas orixinais e do intervalo temporal de 1910-1930.
xoves, 10 nov 2005
A sede viguesa da Fundación Caixa Galicia acolle, desde hoxe xoves ata o 8 de xaneiro, a exposición "O mar nos fondos da Colección Caixa Galicia". A mostra reúne 36 obras de autores emblemáticos da cultura galega do século XX e XXI cun tema en común: o mar.
mércores, 9 nov 2005
Coincidindo co terceiro aniversario da súa apertura de portas ao público o 13 de novembro, e coa saída oficial da Volta ao Mundo de Vela do Porto de Vigo o 12 de novembro, o MARCO organiza unhas xornadas de portas abertas durante os días 11, 12 e 13 de novembro, nas que será gratuíto o acceso ao museo e a todas as actividades previstas para eses días.
mércores, 9 nov 2005
Dous grupos punteiros na escena musical española, Chambao e Pastora, actuarán no Pavillón das Travesas mañá xoves a partir das 21:00. Este concerto, que foi presentado hoxe mércores pola concelleira Lucía Molares, forma parte do programa de celebracións previas á saída da Volvo Ocean Race.
luns, 7 nov 2005
O ciclo "Encontros crepusuclares", que se desenvolverá no marco do Festival Are More de Vigo, comenzará o martes, día 8,co concerto que ofrecerán Felicity Lott e o Cuarteto Schumann no Teatro Fraga-CaixaGalicia ás 20.30 horas.
venres, 4 nov 2005
A Casa das Artes acollerá, desde o venres, 4 de novembro, a exposición "Travesías. Galicia, terra de navegantes". Esta mostra adentrará o visitante no mundo do mar a través de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente co noso país, mostrando a evolución do coñecemento náutico ao longo dos tempos.
venres, 4 nov 2005
A guitarrista Margarita Escarpa ofrecerá un concerto o sábado, día 5 ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, cuxa entrada é libre ata completar aforo. Por outra banda, o luns, día 7, ás 20:30 horas , no Auditorio Municipal , inaugurase o ciclo "Músicas para o silencio" que se desenvolve no marco do Festival Are More ata o 28 de novembro.