xoves, 24 nov 2005
A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe xoves no Concello co director xeral de Cooperación e Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura, Carlos Alberdi, para trataren da futura colaboración do Ministerio co Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da posibilidade de dotar a Vigo dunha biblioteca do Estado.
mércores, 23 nov 2005
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, celebra os días 24 e 25 unhas xornadas de reflexión "Arte contemporánea na democracia". A inauguración estará a cargo de Carlos Alberdi, Director de Cooperación y Comunicación Cultural do Ministerio de Cultura, e a continuación comezará unha das tres mesas redondas que se desenvolverán entre o xoves e o venres, todas elas de entrada libre para o público en xeral.
mércores, 23 nov 2005
O xoves, día 24, comezan as Cenas Líricas, no marco d programa "Lírica de Outono" e baixo unha idea do Concello de Vigo, principal patrocinador da tempada operística, de levar as diversas manifestacións musicais a ámbitos populares. Organizadas por Amigos da Ópera e coa colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo e do Conservatorio Mayeusis, contarse coa participación de dúas sopranos, Ana Cristina López Ferreira e Cristina Barriga García; un tenor, Enrique A. Martínez e a colaboración especial do pianista: Alejo Amoedo.
martes, 22 nov 2005
A sala que alberga a exposición permanente de arqueoloxía do Pazo-Museo Quiñones de León permanecerá pechada durante un mes debido a realización de obras de mellora nas instalacións que permitirán recuperar a capela e construir un acceso para minusválidos.
luns, 21 nov 2005
A Biblioteca Central realiza esta semana un obradoiro de improvisación oral en galego, as tradicionais regueifas ou desafíos cantados ao que asistirán centros de ensino de Vigo e da comarca.
venres, 18 nov 2005
O Padroado da Fundación MARCO decidiu o nomeamento de Iñaki Martínez Antelo como novo Director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, na xuntanza que mantivo o pasado xoves. Martínez Antelo é licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Estética e Teoría del Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidad Autónoma de Madrid.
venres, 18 nov 2005
A Galería da Alcaldía do Concello de Vigo acolleu unha homenaxe a Demetrio Bilbatúa, co propósito de recoñecer a longa traxectoria profesional do cineasta nacido en Vigo no ano 1935, e segundo subliñou o concelleiro-delegado de Cultura, Ignacio López-Chaves . Na súa intervención, Bilbatúa recoñeceu que malia que ten recibido homenaxes en diversos países do mundo, o de Vigo "é un hito na historia da miña vida".
As actuacións terán lugar en distintos lugares da cidade, como o Teatro Fraga-Caixagalicia, no Manteca Jazz, no MARCO e na AAVV Mariña de Cabral
venres, 18 nov 2005
O departamento de Cultura propón para este fin de semán diversas alternativas que van dende a música clásica, no marco do Festival Are More, o jazz, integrado no ciclo Jazz Outono, o funk, no Sinsal Audio, e o teatro, no marco do ciclo teatral "Vigo a Escena", que se desenvolverán en diversos puntos da cidade.
xoves, 17 nov 2005
O Concello realizará o venres unha homenaxe ao cineasta vigués Demetrio Bilbatúa Rodríguez nun acto que se celebrará ás 11 horas na Galería da Alcaldía e no que o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, entregaralle ao cineasta unha placa en recoñecemento a súa traxectoria profesional e contribución á cinematografía. Demetrio Bilbatúa é un vigués nacido en 1935 que tivo que construir a súa vida lonxe da cidade como consecuencia da guerra civil.
mércores, 16 nov 2005
A Asociación Cultural "O Coto" organiza para o próximo domingo 20 no Colexio Carballal, de Cabral, a XVIII Festa do Cabazo, na cal se ofrecerán diferentes pratos confeccionados con este froito no medio dun ambiente amenizado por grupos de música tradicional.