Corenta representacións completan este trimestre a programación teatral do Concello
A programación teatral organizada polo Concello para o derradeiro trimestre deste ano comprende o segundo periodo do circuíto municipal de teatro por barrios "Vigo a escena 2006" e do programa teatral destinado ao público familiar "Con T de Teatro". Estas actividades inclúense nas da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
En total son case 40 actuacións teatrais de outubro a decembro, que darán comezo mañá sábado día 7 coas primeiras actuacións do circuito "Vigo a escena", no Auditorio Municipal ás 20:00 horas coa compañía Disque Danza, no Centro Cívico de Teis con Fulano, Mengano e Citano ás 20:00 horas tamén, no Centro Cultural e Recreativo de Valadares ás 19:30 con Sísifo Teatro, e xa para o público familiar na Asociación de Veciños Val do Fragoso coa compañía Artello, ás 20:00.
Durante estes tres meses de programación teatral realizaranse representacións por diversas zonas de Vigo, como Castrelos, Navia, Teis, Candeán, Valadares, Beade, San Xoán Poulo, Travesas, Coruxo, Lavadores, San Miguel de Oia, Cabral, Matamá, Calvario, Coia, Bouzas e a zona centro co Auditorio Municipal.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, asegurou hoxe venres durante a presentación destas actividades, que o obxectivo do Concello é achegar o teatro a todos os cidadáns, facilitando así o seu acceso á cultura e á creación artística, ademais de potenciar a actividade das compañías teatrais viguesas.
Con esta programación teatral, o Departamento de Cultura quixo atender tanto ao público adulto, ao que se destinan dezaoito actuacións, como ao infantil, que poderá elixir entre quince obras distintas.
Con T de Teatro
Por outra parte, o segundo periodo do programa familiar Con T de Teatro comezará o vindeiro sábado día 14. Este programa inclúe as montaxes de seis compañías galegas dirixidas aos máis cativos. Con T de Teatro é un proxecto iniciado neste ano 2006, e que naceu como consecuencia da entrada activa do Concello de Vigo na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Un dos seus obxectivos principais é a formación e captación de novos públicos, ademais da potenciación do Auditorio Municipal como lugar importante da actividade cultural da cidade.
A programación deste último trimestre, unida á xa realizada no periodo xaneiro-agosto, completa unha oferta por parte do Concello de preto de 120 actuacións teatrais dirixidas a diversos públicos en todo o municipio, e que inclúe, ademais dos programas Vigo a escena e Con T de Teatro, o Festival Alternativo, o Verán de Teatro, a Semana de Teatro en Familia e o Titirirrúa.
Descargar todas as imaxes