Vigo quere atraer turistas fóra de temporada con estancias de fin de semana
A Asociación de Hostelaría de Vigo (Ahosvi), co apoio da Concellaría de Turismo e do Padroado de Turismo Rías Baixas, vai ofrecer estancias curtas de carácter gastronómico, deportivo, náutico e cultural a prezos competitivos para atraer visitantes de Portugal, do resto de Galicia e de comunidades autónomas próximas.
O obxectivo concreto desta iniciativa, denominada "Vigo escapadas", é incrementar a ocupación hoteleira nun 10% durante os fins de semana. O proxecto inclúe catro paquetes diferentes a prezos cerrados e competitivos.
Así, os que elixan o paquete "Vigo gastronomía" terán unha noite de hotel con almorzo e unha mariscada desde 40 euros. Este prezo ofrécese en hoteis de unha e dúas estrelas, sendo o hotel Bahía o emprazamento da mariscada. Loxicamente o prezo é superior se se opta por un hotel de maior categoría.
A oferta deportiva inclúe unha estancia dunha noite máis almorzo xunto cunha actividade de golf no campo de Domaio, con traslado e carriño a partir de 80 euros por persoa.
Se se opta pola náutica o prezo sobe ata un mínimo de 165 euros, sempre por persoa. Este prezo inclúe o traslado do hotel ao barco, unha copa de benvida e paseo pola ría nunha embarcación de alta calidade en grupos de dúas a seis persoas.
Finalmente, a opción cultural permite pasar unha noite nun hotel con almorzo, obter prezos especiais en museos e facer unha visita guiada ao Casco Vello, todo por 25 euros.
Se as "Vigo escapadas" teñen éxito, os hoteis e restaurantes non serán os únicos beneficiarios, porque a chegada de máis turistas tamén contribuirá a dinamizar o comercio e o transporte da cidade. Os responsables desta iniciativa consideran, así mesmo, que potenciará a imaxe de Vigo como referente do turismo de calidade e incidirá na desestacionalización sobre a que se vén traballando tanto por parte da iniciativa privada como das institucións públicas ao longo dos últimos anos.
Os primeiros en poder optar por algunha das "Vigo escapadas" serán os habitantes do Norte de Portugal. A partir da próxima semana, os axentes de viaxes do Porto incluirán na súa oferta estas estancias turísticas curtas nunha cidade que así podería recuperar parte do turismo que procedía desta zona e que nos últimos anos se foi perdendo. Precisamente hoxe venres, ás 21:00, no hotel Sheraton do Porto, a concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentará esta nova iniciativa da Asociación de Hostelaría de Vigo.
En función da resposta dos portugueses ás "Vigo escapadas", os responsables do proxecto estudarán a posibilidade de presentalo noutros lugares relativamente próximos.
Descargar todas as imaxes