Escoitar

Fin de semana de batuka para mozos e mozas de entre 14 e 18 anos

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo,en colaboración coa Sala A, vai celebrar o Fin de Semana de Batuka, dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. Este evento terá lugar dentro do Espazo de Ocio Alternativo "Sala Ábrete", o sábado día 7 e o domingo día 8 de 18:00 a 21:30 horas na Sala A (Avda. Beiramar, 113).

venres, 6 out 2006
1160139287comodin.jpg
Un grupo de bailaríns de Batuka amenizarán a tarde-noite e ensinaranlle aos asistentes as técnicas básicas desta especialidade.

O obxecto desta actividade, así como das que están programadas para as seguintes fins de semana no espazo "Sala Ábrete", é que os mozos e mozas teñan unha diversión segura e se abran a novas experiencias de ocio saudable. Este espazo xorde como resposta da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo a unha demanda da cidade de atopar novas alternativas ás ofertas de ocio xa existentes para os máis novos.

Cada mes, de outubro a maio, realizarase unha programación diferente para a Sala Ábrete, que contará con actividades de animación, espectáculos, xogos, bailes, concertos en directo, obradoiros, festas temáticas (Entroido,fin de ano, etc).

A Sala Ábrete tamén estará aberta aos centros educativos e a outras entidades sen ánimo de lucro (como deportivas, xuvenís, de solidariedade, ...) coa fin de que poidan realizar actividades para recadar fondos destinados ás viaxes de fin de curso, campionatos, accións solidarias, etc.

Para máis información e tamén para consultar as novas programacións: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono 986 294 806, web: www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes