Escoitar

As xornadas de filosofía de Vigo profundizarán no conflito de civilizacións

¿Conflito de civilizacións? e o tema centrará as Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración co Concello de Vigo e a Fundación CaixaGalicia. As xornadas terán lugar entre os días 17-20 de outubro no salón de actos da Fundación Caixagalicia e participarán expertos de destacado recoñecemento académico.

xoves, 5 out 2006
1160051912filosofia061006.jpg
Nogueira, López Chaves e Muleiro
O tema central das xornadas presentase baixo o interrogante do "conflicto das civilizacións" porque, segundo os organizadores, na actualidade danse opinións encontradas sobre un problema evidente. Os movementos migratorios internacionais trouxeron consigo a aparición de novos ámbitos de problemas derivados das relacións laborais que antes non existían. A superpoboación de países exportadores de man de obra, a escaseza da mesma nos países receptores propiciaron un intercambio cultural totalmente descoñecido hai poucos anos. Todo isto é o que fundamenta a proposta do Grupo Aletheia para abordar unhas Xornadas de Filosofía nas que autoridades intelectuais de total solvencia debatan e ofrezan os seus puntos de vista sobre estes problemas.

As xornadas están destinadas ao público en xeral e contan cun número limitado de 150 prazas. A inscrición é gratuíta e realizarase a través do A.C. Grupo Aletheia ou, directamente, no local das xornadas no momento do seu inicio (se houbera prazas dispoñibles).

A presentación do programa estivo a cargo do concelleiro-delegado da Área de Asuntos Sociais, Ignacio López Chaves-Castro; o subdirector da Fundación Caixagalicia, José Victorio Nogueira Barcia e o presidente do Grupo Aletheia, Avelino Muleiro García.

As xornadas están patrocinadas pola Fundación CaixaGalicia, no marco do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación para o desenvolvemento de actividades culturais.
Descargar todas as imaxes

Máis información