Inicio da programación didáctica 2006-2007 do MARCO
Nesta primeira semana de outubro iníciase boa parte da programación didáctica do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para a temporada 2006-2007, que inclúe tanto a programación para escolares como as actividades para familias dos fins de semana, os obradoiros infantís dos venres, as visitas guiadas para grupos e asociacións, e o curso de iniciación á arte contemporánea para adultos.
Visitas e obradoiros para escolares
Durante os meses de outubro a decembro de 2006, as visitas e obradoiros para escolares toman como base a exposición Pintura Mutante: o programa Pintando sen Pintar, adaptado aos distintos niveis de educación infantil, primaria e secundaria, intenta achegar ao público escolar unha visión contemporánea da pintura e da forma na que os artistas actuais incorporan novos medios, temas e materiais para realizar unha obra pictórica.
Ademais, a mostra de Martín Pena no Espazo Anexo ofrecerá posibilidades de participación aos centros de ensino a través do envío de fotografías e outros materiais para o proxecto Espazos de Recreo.
- Do 3 de outubro de 2006 ao 15 de xuño de 2007
- Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
- Horario: martes, mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.00
PREVIA CITA no tel. 986 113900/11 (ext. 307 ou 314)
Actividades para nenos e familias
Durante as fins de semana, os adultos poden deixar os nenos ao coidado dos educadores, ou ben participar con eles en distintas actividades programadas no espazo do primeiro andar dedicado aos máis pequenos: o Laboratorio das Artes. As actividades diríxense a público infantil de entre 3 e 8 anos.
VENRES: obradoiros de técnicas artísticas
- Do 6 de outubro de 2006 ao 25 de maio de 2007
- Lugar: Laboratorio das Artes (1º andar)
- Horario: de 18.00 a 20.00
SÁBADOS: contacontos e obradoiros
- Do 7 de outubro de 2006 ao 26 de maio de 2007

- Horario: de 12.00 a 14.00
DOMINGOS: visitas e obradoiros
- Do 8 de outubro de 2006 ao 27 de maio de 2007
- Lugar: salas de exposición do MARCO e Laboratorio das Artes (1º andar)
- Horario: de 12.00 a 14.00
Curso de iniciación á arte contemporánea para adultos
Unha vez máis, MARCO organiza este curso de iniciación á arte contemporánea para persoas interesadas en coñecer de primeira man os movementos e autores clave na historia da arte do século XX. Nesta edición 2006-07, a primeira metade do século XX (anterior Ciclo 1) ocupa todas as sesións entre outubro 2006 e maio 2007, deixando a segunda metade do século para a convocatoria 2007-08.
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
- Do 4 outubro 2006 ao 30 maio 2007
- Lugar: Salón de Actos
- Horario: mércores, de 19.00 a 20.30
- Previa inscrición e matrícula
Descargar todas as imaxes