Escoitar

Conformidade cos convenios do Casco Histórico de Bouzas e do Casco Vello

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propuxo hoxe xoves á Xunta de Goberno Local prestar conformidade aos convenios de acordo das áreas de rehabilitación do Casco Histórico de Bouzas e do Casco Vello.

xoves, 5 out 2006
1160055717cascovello030206.jpg
Segundo acordaron o Ministerio de Vivenda, a Consellaría de Vivenda e Solo e o Concello de Vigo, o Ministerio achegará 195.000 euros para financiar as actuacións de rehabilitación de edificios, vivendas e urbanización, o que representa unha porcentaxe estimada inicial do 34,41 % do custo total.

A Xunta de Galicia comprométese a financiar por unha contía de 162.500 euros para a execución das actuacións de rehabilitación e urbanización. Esta participación representa o 28,68 % do custo total.

Pola súa parte, o Concello de Vigo achega para a execución das actuacións de rehabilitación, infraestruturas e reurbanización a cantidade de 67.500 euros, que representa o 11,91 % do custe avaliado, mentres que os particulares achegarán, para a ejecución das actuacións de rehabilitación de edificios de vivendas, 141.666 euros, que representan o 25 % do custo total.

O abono da subvención a cargo do Ministerio de Vivenda realizarase directamente ao Concello de Vigo, pagándose a achega establecida para o ano 2006, á sinatura deste acordo. O resto da subvención abonarase conforme ao establecido no convenio entre o Ministerio de Vivenda e a Xunta de Galicia para a aplicación do Plan de Vivenda 2005-2008.

Casco Vello

O Ministerio, a Consellaría e o Concello consideran necesaria a financiación das actuacións nesta área, ao obxecto de potenciar o uso residencial, asegurando a diversidade social e o realoxamento, no seu caso, da poboación residente. Para iso, aplicaranse as disposicións vixentes sobre eliminación de barreiras arquitectónicas e promoción da accesibilidade, así como á mellora da eficiencia enerxética dos edificios.

O Ministerio de Vivenda achegará a cantidade de 156.000 euros, para financiar as actuacións de rehabilitación de edificios, vivendas e urbanización, o que representa unha porcentaxe estimada inicial do 34,41 % do custo total.

A Xunta de Galicia, pola súa parte, comprométese a financiar por unha contía de 130.000 euros, para a execución das actuacións de rehabilitación e urbanización. Esta participación representa o 28,68 % do custo total.

O Concello de Vigo achegará para a execución das actuacións de rehabilitación, infraestruturas, reurbanización e establecemento da Ventanilla Única de Vivenda, a cantidade de 54.000 euros, que representa o 11,91 % do custo avaliado.

Os particulares achegarán, para a execución das actuacións de rehabilitación de edificios de vivendas, a cantidade de 113.333 euros, que representan o 25 % do custo total.

O abono da subvención a cargo do Ministerio de Vivenda realizarase directamente ao Concello de Vigo, pagándose a achega establecida para o ano 2006, á sinatura deste acordo. O resto da subvención abonarase conforme ao establecido no convenio entre o Ministerio de Vivenda e a Xunta de Galicia, para aplicación do Plan de Vivenda 2005-2008.

O período de duración das actuacións previstas establécese en principio ata o 31 de dicembre de 2008, prazo que poderá ser prorrogado pola Comisión Bilateral de Seguimiento.
Descargar todas as imaxes