venres, 9 dec 2005
A compañía "Pablo Nojes e Paprika" actuará o domingo, 11 de decembro, no Auditorio Municipal no marco do circuito teatral municipal "Vigo a escena 2005" e dentro dos espectáculos dirixidos para un público familiar.
venres, 2 dec 2005
No marco da programación infantil que estase a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, a actividade que ten lugar os sábados, "Cóntame un conto" estará dedicada o día 3 deste mes de decembro ao conto "O pez arcoiris" de Marcus Pfister. As seguintes sesións deste obradoiro serán os días 10 e 17, e estarán dedicadas a adaptación de Tareixa Alonso do conto popular "Xil Moniz" e a adaptación realizada por S. Casal e X. López do conto "O neno mosquito".
venres, 2 dec 2005
O Teatro Fraga-Caixa Galicia acollerá , o sábado 3 de decembro, o concerto do Cuarteto Quiroga e o pianista Víctor Rodríguez, que coa súa actuación pechan o ciclo "Encontros crepusculares" do Festival Are More de Vigo.No concerto, que dará comezo ás 20.30 horas, interpretarán a obra de Mozart "Cuarteto de cordas Kv499 "Hoffmeister", a de Bela Bartók "Cuarteto de cordas n. 3, Sz 85" e a de Dvorak "Quinteto para piano e cuarteto de corda op.81".
xoves, 1 dec 2005
O festival TRANSLITTERA recalará en Vigo, na sede da Fundación Laxeiro para continuar co seu labor de transgresión literaria e apertura cara outros medios de expresión. Patrocinado polo Consello da Cultura Galega, o festival é unha experiencia que, a través de cinco Fundacións espalladas por toda Galicia, amosa unha panorámica da creación poética galega máis contemporánea. A cita é o venres, desde as 20.00 horas ata as 23.00 horas.
mércores, 30 nov 2005
O Teatro Fraga-Caixa Galicia acolle o xoves, 1 de decembro, ás 20.30 horas o concerto do tenor Ian Bostridge e de Graham Johnson ao piano, que interpretarán a obra de Franz Schubert "A Bela Muiñeira" no marco do ciclo "Encontros Crepusculares" do Festival Are More de Vigo.
mércores, 30 nov 2005
Dentro da súa programación de decembro, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolle a partir de mañá xoves e ata o día 30 a novena edición do Festival de Cine Dixital Resfest. Este festival itinerante, que percorre diversos países dos cinco continentes, mostra os últimos traballos de cineastas independentes e de creadores consolidados no mundo da publicidade e do videoclip.
martes, 29 nov 2005
O Centro Cultural Caixanova acolle o mércores, día 30,, un concerto da soprano Teresa Novoa, acompañada ao piano por Alejo Amoedo. O concerto enmarcase na tempada de ópera "Lírica de Outono" que, baixo o patrocinio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, está desenvolvendo os Amigos da Ópera de Vigo.
luns, 28 nov 2005
A Parroquia María Auxiliadora acollerá o martes, 29 de novembro, o concerto da soprano María Cristina Kiehr o barítono Furio Zanassi e a agrupación "Stylus Phantasticus", que comezará ás 20.45 horas, no marco do ciclo "As imaxes do amor" do Festival Are More de Vigo. Na súa actuación farán un percorrido musical polos mitos e o amor baixo o título "Apollo e Daphne" e interpretarán obras de Malvezzi, Cavalieri, Monteverdi, Rosenmüller e Legrenzi.
venres, 25 nov 2005
O Auditorio do Concello de Vigo acollerá o vindeiro luns 28 de novembro, ás 20.30 horas, a última sesión do ciclo "Músicas para o silencio" que comezou o 7 de novembro no marco do Festival Are More de Vigo. Nesta ocasión, o Cuarteto de Corda Ephimere porá música película "Nosferatu o vampiro" do director alemán F.W. Murnau, unha adaptación da novela "Drácula" de Bram Stoker.
xoves, 24 nov 2005
O estreno en España da ópera "A Cenicienta" é a obra elexida para pechar o ciclo "A formación de públicos no Are More" os vindeiros 25 e 26 de novembro no Teatro Fraga-CaixaGalicia, baixo a dirección musical de Aurelio Viribay e a dirección de escena de Alberto de Miguel.