O Concello renova a súa achega económica ao Museo Etnográfico
O Concello destinará algo máis de 96.000 ao financiamento do convenio-marco coa Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo para 2006, segundo acordou a Xunta de Goberno o pasado 18 de setembro. O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, asinou o documento hoxe venres.
Coa rúbrica do concelleiro renóvase o convenio de 2004-2005, sucesor do que determinou, desde o ano 2000, as achegas económicas anuais do Concello á Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo. O obxectivo destes convenios era o mesmo que o do asinado hoxe venres: garantir o normal funcionamento da institución fundada por Olimpio Liste e a súa esposa, Josefina Fernández.
Segundo reza o convenio de 2006, os 96.000 euros da achega municipal deberán servirlle á Fundación Liste para cumprir coas finalidades fundacionais recollidas nos seus estatutos e realizar as xestións, actuacións e programas recollidos nos seus orzamentos anuais.
Ademais, a Fundación Liste queda obrigada a establecer a entrada gratuíta ao Museo Etnográfico para as asociacións viguesas da terceira idade, así como para os grupos de escolares procedentes de centros educativos situados no termo municipal.
Así mesmo, o Concello e a Fundación colaborarán no establecemento de mecanismos de coordinación no ámbito da protección, conservación e difusión do patrimonio etnográfico.
O convenio asinado hoxe venres estará vixente ata o 31 de decembro, aínda que poderá ser prorrogado, renovado ou modificado no seu contido, duración e contía por acordo expreso entre o Concello e a Fundación Liste.
A metade dos 96.000 euros que achega o Concello (uns 48.000 euros) queda paga á sinatura do convenio, e destinarase a facer fronte aos gastos xerados polo normal funcionamento da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo.O Concello achegará o 50% restante unha vez presentado o documento aprobatorio da liquidación dos orzamentos da entidade beneficiaria para 2005, así como o dos orzamentos de 2006. Estes documentos deberán ser presentados previamente perante os órganos competentes en materia de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia.
A Fundación Liste foi clasificada de Interese Cultural por Orde da Consellaría da Presidencia e Administración Pública en setembro de 1999, e declarada de Interese Galego pola Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo en outubro dese mesmo ano. As finalidades prioritarias da Fundación Liste son a promoción e difusión do patrimonio etnográfico galego e a xestión do Museo Etnográfico de Vigo.
Descargar todas as imaxes