Escoitar

Vigoferia abrirá a súas portas o próximo día 28

Máis de 400 expositores, representando a cerca dun millar de firmas comerciais participarán este ano en Vigoferia, Salón do Moble Decoración e Interiorismo que terá novamente por escenario o Instituto Feiral de Vigo. A feira presentouna en rolda de prensa a concelleira de Turismo, Lucía Molares; Antonio Reguera, presidente de Expogalaecia; Sergio Román, presidente de AHOSVI; Carlos Rodríguez, presidente de FEHOPROS e Pedro Corbacho, director xerente de Planner.

mércores, 11 out 2006
1160571863lucia12.jpg
Vigoferia desenvolvese entre os días 28 de outubro e 5 de novembro e terá incrementado a superficie neta de exposición nun 15 por cento, o que confirma a súa consolidación e a súa clara primacía en todo o noroeste peninsular.

Nesta décimo terceira edición o certame terá de novo carácter profesional e público, e estará adicado fundamentalmente ó moble, á decoración e ó interiorismo, ofrecendo as últimas novidades destes sectores.

Vigoferia ocupará unha superficie de 33.000 metros cadrados e estará aberta ó público de xeito interrompido, dende as once da mañá ata as nove da noite, agás os días 2 e 3 de novembro, que o horario será de 16.00 a 21.00 horas.

O Contido de Vigoferia inclúe fábricas e tendas especializadas en mobles; decoración, mobles auxiliadores, equipos de descanso, iluminación, alfombras, tecidos, mobles de xardín, chemineas, piscinas, cubertas para piscinas, anticuarios, electrodomésticos, mobles de oficina, cocina e baño, etc.

O obxectivo de Vigoferia nesta edición é construír un punto de encontro entre minoristas, maioristas, decoradores, profesionais do sector e público en xeral, nun mesmo espazo, funcionando como privilexiado medio de comunicación entre a oferta e a demanda.
Descargar todas as imaxes