Escoitar

O Concello ofrece un programa de formación práctica a persoas con Síndrome de Down

O Concello e a Asociación Down Vigo asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de formación práctica en dependencias municipais.

martes, 10 out 2006
As persoas con discapacidade beneficiarias deste programa realizarán prácticas de carácter exclusivamente formativo no Servizo de Conserxería durante dous meses prorrogables por acordo das partes para acadar os obxectivos de formación perseguidos. A realización destas prácticas non suporá obrigas económicas para o Concello.

O programa de formación práctica na administración local pretende desenvolve-la autonomía laboral destas persoas, co fin de conseguir que acaden o maior grado de independencia posible no ámbito do emprego.