Unha parella de pitóns reticuladas novos inquilinos de Vigozoo <br />
Vigozoo ten dous novos inquilinos na zona do reptilario. Trátase dun macho e unha femia de pitóns reticuladas (Python reticulatus). Son dous exemplares xuvenís dunha lonxitude aproximada de 2,5m que poden chegar a acadar de 6 a 10 metros de lonxitude cando sexan adultos.
A súa particularidade e que non teñen o patrón característico de cor desta especie, senón que presentan unha cor amarela intensa denominada "fase tiger".
Esta pigmentación e o resultado da selección de exemplares que presentan unha cor distinta ao patrón normal. Así, despois de sucesivos cruzamentos os exemplares resultantes van acadando tons máis claros, e incluso poden chegar a perder as manchas e presentar raias lonxitudinais.
Chegaron a Vigozoo procedentes do zoo de Barcelona e poden visitarse dende hoxe na planta "0" do reptilario.