O Goberno municipal abre tres procesos licitatorios cun gasto de 786.000 euros
A Xunta de Goberno Local abriu hoxe luns os procesos licitatorios das obras de abastecemento de Cabral e Candeán, de mellora da Estrada do Freixo (Sárdoma) e de construción de beirarrúas na rúa Canteiros.
Tras aprobar os respectivos proxectos e pregos de prescricións técnicas e de condicións administrativas, o Goberno local autorizou os seguintes gastos para cada unha das actuacións mencionadas: para o abastecemento de Cabral e Candeán, 515.000 euros; para a mellora da Estrada do Freixo, 231.000, e para a construción de beirarrúas na rúa Canteiros, 40.350 euros.
Outros acordos da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe luns son os de ampliar o prazo de presentación de ofertas para a construción dos novos aparcadoiros soterrados ata o 15 de novembro (o remate estaba fixado para o 28 deste mes), e o de dar o visto bo ao proxecto básico para a construción do futuro Auditorio-Pazo de Cogresos, que se modifica ao quedar reducido o espazo para zonas comerciais e incrementado o número de prazas hoteleiras, que pasan de 120 a 180.
Por último, na área de Benestar Social aprobouse un convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Down Vigo, para o desenvolvemento dun programa de formación práctica en dependencias municipais. As persoas con discapacidade beneficiarias deste programa realizarán prácticas de carácter exclusivamente formativo no Servizo de Conserxería durante un ano prorrogable ata un máximo de tres. A realización destas prácticas non suporá obrigas económicas para o Concello.
Descargar todas as imaxes