Escoitar

Exposición de traballos de DOA no Concello

Traballos de carpintería, cerámica , téxtil, pintura e debuxo ou cartón pedra pódense ver ata o mércores na lonxa do Concello realizados polas persoas que forman parte da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental –DOA-.

luns, 9 out 2006
1160399668lonxa1.jpg
Os traballos que se poden ver forman parte do tratamento que reciben os doentes a través do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral para favorecer a reintegración no proceso de traballo e retomar a comunicación co mundo exterior, evitando a inactividades e a falta de motivación e de pragmatismo que conleva a propia enfermidade.

DOA é unha iniciativa de familiares e persoas sensibilizadas coa problemática dos enfermos mentais crónico, especialmente daqueles que padecen psicose esquizofrénica:experimentando graves trastornos que fan perder o contacto coa realidade.
1160399668lonxa1.jpg
1160399686lonxa2.jpg
Descargar todas as imaxes