O Concello disporá dun programa de interpretación e divulgación do patrimonio arqueolóxico de Vigo
A concellería de Patrimonio Histórico contará en breve cun programa para o desenvolvemento das súas funcións como axente tutelar do patrimonio arqueolóxico vigués, activando unha estratexia de protección activa a través da divulgación e posta en valor axeitada de dito patrimonio. O programa presentouno na mañá do luns o concelleiro de Patrimonio Histrócio, Ignacio López Chaves e o coordinador do mesmo, Xosé Valtierras.
Deste xeito, un dos obxectivos deste programa consiste en incentivar, sensibilizar e orientar dun xeito constructivo o interese e a demanda de información da cidadanía polo conxunto do noso legado arqueolóxico, ofertando recursos didácticos e lúdicos que socialicen selectivamente dito legado.
Asimesmo, preténdese alentar liñas de colaboración cos axentes sociais que traballan no ámbito da arqueoloxía, coa finalidade de maximizar o esforzo divulgativo, educativo e conservador dos diferentes segmentos de actividades do Programa.
O centro xestor do Programa será a Aula Municipal ubicada na parroquia de Saiáns, que pasará a denominarse Centro de Divulgación Arqueolóxica Municipal (CEDAM), no que se desenvolverán obradoiros educativos adicados á arqueoloxía.
De tódolos xeitos, tamén se van a levar a cabo actividades externas ó CEDAM, esto é, en colaboración con equipamentos culturais da cidade, en centros educativos e con outras entidades socioculturais.
Ademais, vanse deseñar tres coleccións básicas de folletos (xacementos, culturas e formas de vida), tres caixas didácticas temáticas e unha guía de recursos divulgativos e interpretativos sobre arqueoloxía.
Descargar todas as imaxes