A rexión do Entre Douro e Vouga exporá o mellor da súa industria do 18 ao 20 deste mes
A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, presentou hoxe luns o I Congreso Internacional do Entre Douro e Vouga, acompañada por unha comitiva desa rexión do Norte de Portugal e o presidente da Fundación Luso-Galaica, Antonio Regueira.
Este evento reunirá no Europarque de Santa Maria da Feira, os días 18, 19 e 20 do presente mes, un mínimo de 100 participantes de varios países, entre os cales están Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Alemaña, España e Irlanda, cos seguintes obxectivos: internacionalizar os municipios do Entre Douro e Vouga, incidindo de maneira especial nas súas diversas industrias; fomentar o intercambio de ideas e experiencias relativas ás formación, á ciencia e á tecnoloxía, e promocionar os recursos turísticos e culturais da rexión.
O Congreso enmárcase no Programa Operacional para a Rexión Norte de Portugal, apoiado pola Unión Europea, e ten por lema "A vocación exportadora do tecido empresarial do Entre Douro e Vouga". De feito, os cinco municipios que conforman a rexión do Entre Douro e Vouga son os que rexistran o maior volume de exportacións de todo Portugal, grazas ás industrias dos moldes, dos componentes para automóbiles e da metalomecánica, así como ás do calzado e vestiario e ás da cortiza e derivados.
Cada un destes sectores centrará unha xornada do Congreso. Así, o mércores 18 será o día das industrias relacionadas co automóbil, o xoves 19 será o día do calzado e do vestiario, e o venres 20 estará dedicado ao sector da cortiza e derivados.
Ao longo dos tres días que durará este evento, o Europarque de Santa Maria da Feira acollerá stands para a mostra de produtos destas industrias e contará, así mesmo, coa presenza de entidades públicas e privadas da rexión.
No que respecta ao programa de traballos oficial, durante as mañás realizaranse conferencias e mesas de negocios e presentaranse proxectos de innovación tecnolóxica, sempre nas instalacións do Europarque. Polas tardes os asistentes poderán participar en visitas guiadas a algunhas das empresas responsables do éxito industrial do Entre Douro e Vouga. Tamén se desenvolverán workshops en centros de formación tecnolóxicos, nos que se tratará o presente e o futuro de cada sector, coa presenza de expertos na materia.
Ademais, os programas do mércores 18 e do xoves 19 cerraranse con senllas recepcións nas Câmaras Municipais de Santa Maria da Feira e de Arouca, respectivamente. Ambas as recepcións serán seguidas de "jantares" típicos e actuacións de grupos etnográficos da rexión, en localizacións históricas.
Durante a presentación deste Congreso hoxe luns no Concello de Vigo, Lucía Molares mostrouse partidaria de "potenciar este tipo de encontros", opinión que secundou o presidente da Fundación Luso-Galaica, Antonio Reguera, quen salientou as posibilidades de expansión dun mercado, o formado por Galicia e o Norte de Portugal, de "seis millóns de consumidores".
Por parte portuguesa, o presidente da Câmara Municipal de Oliveira de Azemeis, Apio Assunçao, lembrou que a integración europea ten contribuído a un maior achegamento entre o Norte de Portugal e Galicia, que debe ser aproveitado para "poder facer un intercambio máis forte". Finalmente, o presidente do Conselho Empresarial do Entre Douro e Vouga, Eduardo Costa, afirmou que a sintonía existente entre as dúas beiras do Miño fai que sexa hora de potenciar "as relacións comerciais para alén das culturais", polo que convidou os empresarios de Galicia a participar neste I Congreso Internacional do Entre Douro e Vouga.
Descargar todas as imaxes